Poboación e paisaxe


A paisaxe é sempre -como define o Convenio Europeo da Paisaxe-, resultado da interación de factores naturais e/ou humanos.

A man do ser humano deforestou, labrou, edificou, contaminou… E como resultado de todo iso modificou a paisaxe natural, de xeito que, probablemente -tal e como nos contou Alan Weisman en El mundo sin nosotros– toda Europa podería ter o aspecto primixenio da puszcza ou bosque primitivo bielorruso-polonés de Bialowieza, cheo de moi variadas especies arbóreas que hoxe perderon os seus mellores exemplares.

mannahatta_01Tamén Manhattan tería sido terra de pequenos outeiros entre os que circulaban os regatos que hoxe se teñen visto    sustituídos pola rede de alcantarillado. Todo isto revelouno o estudo do proxecto Mannahatta acometido por Eric Sanderson.

E, se de repente, a especie humana abandonase estas paisaxes, a auga e a natureza retomarían  o pulso, e en pouco máis de 35.000 anos o solo quedaría libre do chumbo depositado durante a era industrial; en 100.000 anos, o dióxido de carbono retornaría a niveis previos á aparición do ser humano, mais as trazas da humanidade non se perderían, pois probablemente as nosas emisións de radio e televisión seguirían viaxando -fragmentadas- polos confíns do Universo durante un tempo eterno e inestimable.

“Por entón [cando chegaron os colonizadores do Mayflower] Manhattan era unha extensión de 70 kilómetros cadrados de terreo poroso entretecido de raigames vivas que se levaban a media de 120 cm de choivas anuais ata as árbores e as herbas dos prados, que se bebían a súa parte e logo exhalaban o resto á atmosfera. Todo o que as raigames non absorbían pasaba a formar parte da capa freática da illa. Nalgúns casos afloraba en lagos e xunqueiras, mentres que o exceso se drenaba ao océano a través dos 40 cursos de auga que hoxe xacen atrapados baixo unha capa de cemento e asfalto.

Actualmente, debido a que queda moi pouco solo capaz de absorber a choiva e moi pouca vexetación capaz de exudala, e debido a que os edificios bloquean a luz do sol que permitiría a súa evaporación, a choiva queda retida en charcas ou sigue a gravidade baixando polas alcantarillas; ou ben flúe a través dos respiradeiros do metro, onde ven engadirse á auga que xa hai acumulada. (…)

… as cousas empezarían a desmoronarse durante o primeiro mes de marzo despois de que os seres humáns desaparecesen de Manhattan. Cada marzo, normalmente as temperaturas oscilan por enriba e por debaixo dos cero graos ata unhas 40 veces (presumiblemente, o cambio climático podería adiantar este fenómeno a febreiro). Cada vez que isto ocorre, a repetición do ciclo de xeo e desxeo fai que o asfalto e o cemento se agreten. Ao derretirse a neve, a auga introdúcese nas novas gretas. Logo, ao xearse, a auga expándese, co que as gretas se ensanchan máis.

Digamos que é a vinganza da auga por ter sido aplastada baixo a paisaxe urbana. Case todos os compoñentes da natureza se contraen cando se xean, mais as moléculas de H2O fan todo o contrario, organizándose en elegantes cristais hexagonais que ocupan arredor dun 9% máis do espazo que ocupaban cando fluían en estado líquido.”

Alan Weisman: El mundo sin nosotros.

Volvendo ao que nos atinxe, que non é eterno, recuperamos a idea da paisaxe como obxecto    de interación natural e humana; se noutro tempo os esquíos poideron ir de árbore en árbore desde Xibraltar ata os Pireneos (ou desde Manhattan ás Rochosas), agora esa densidade está a desaparecer, a fragmentarse, a reducirse e as especies tenden a ser reemprazadas por outras, moitas veces de maior interese económico. Como consecuencia do crecemento global da poboación, as paisaxes tenden a transformarse e degradarse dun xeito máis acelerado, porque a poboación require recursos que extraer a un planeta que xa está sobreexplotado.

“En todo o mundo, a poboación humana aumenta nun millón de persoas cada catro días. Dado que en realidade non somos capaces de captar o que significan tales cifras, estas seguirán aumentando de xeito descontrolado ata facernos entrar en crise, como lles ten ocurrido a todas as demáis especies que se fixeron demasiado grandes para este contedor. O único que podería cambiar iso, aparte do sacrificio da extinción voluntaria da especie humana, é que demostrásemos que, despois de todo, a intelixencia nos fai realmente especiais.

A solución intelixente requerería o valor e a prudencia de poñer a proba os nosos coñecementos. Nalgúns aspectos resultaría penosa e doorosa, mais non fatal. Trataríase de limitar agora a un só o número de fillos para toda muller na Terra capaz de telos.”

Alan Weisman: El mundo sin nosotros.

– Weisman volveu á carga recentemente con La cuenta atrás. [*]

– Noutra orde de cousas, consulta o Atlas publicado polo CSIC en 2011 sobre o impacto do cambio climático na vexetación española.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s