Bastille


“A toma da Bastilla polo pobo marcou un dos momentos álxidos da Revolución Francesa e convertiuse nun símbolo patriótico da construción do novo Estado; símbolo segundo parece un tanto artificioso -soe suceder- xa que, cando os revolucionarios entraron no interior da fortaleza, só se atoparon con sete desgrazados entre aquelas inmensas paredes. A Bastilla xa deixara de ser unha grande prisión para quedar reducida a unha metáfora, o que entendeu moi ben certo señor Paloy, un listo mercador do novo réxime que se quedou coa contrata da súa demolición e se fixo multimillonario explotando a feliz idea de enviar a todas as comunas revolucionarias do país as pedras do edificio convertidas en reliquias. Tallaba as pedras, dándolles a forma de pequenas Bastillas, e vendíaas aos patriotas, que as adquirían convencidos de que, con este xesto, facían medrar o seu ardor republicano.

(…) Napoleón puxo no seu centro [o centro da praza da Bastilla] unha fonte con reminiscencias da Roma de Bernini, e, polo que amosan os gravados, bastante fea, xa que se trataba dun enorme elefante de catorce metros que botaba auga pola trompa. (…) Non foi demasiado aprezada a construción, que se sustituíu finalmente pola actual columna, culminada por un dourado e relocente “Xenio da República“, un ser alado, un anxo danzarín, entre optimista e supostamente furioso, co que se quixo homenaxear a frustrada revolución de xullo de 1830. De feito, o monumento recibe o nome de Columna de Xullo en memoria dos acontecementos daqueles días. A súa imaxe tense convertido nunha das máis características de París.”

Rafael Chirbes: El viajero sedentario. Ciudades. [Texte en français]

* Consultade a nota sobre as verbas de “Pour la peine”, do espectáculo “Les amants de la Bastille”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s