Ver o planeta


O planeta onde vivimos tense representado de moitos xeitos, a través de cartografías simples ou rigorosas -segundo o coñecemento do mesmo vai ampliándose.

Aínda que a visión máis habitual que temos da Terra é a da proxección Mercator -moi útil como carta náutica, pois sirve para calcular do mellor xeito posible as distancias entre dous puntos en liña recta-, outras proxeccións como a de Gall-Peters -máis respetuosa coas distintas proporcións superficiais dos continentes- están a rivalizar con esta primacía.

¿E que dicir do mapa Dymaxion de Fuller? Pois velaquí unha proxección sobre icosaedro que presenta a superficie da Terra sen N nin S, sen “arriba” e “abaixo”, como se os continentes fosen unha inmensa illa á deriva no océano predominante. Esta proxección ten unha menor distorsión do tamaño relativo das zonas -se a comparamos coa de Mercator- e menos distorsión de formas nas áreas -se a comparamos coa de Peters-… ¿Quedades “perdidos” e non localizades os continentes coa visión tradicional que deles temos? ¿Ou parécevos que paga a pena inspirarse nesta proxección para pintar algo semellante ao “Map” de Jasper Johns, de 1967, agora exhibido no Museo Ludwig de Colonia?

Máis recentes son os desenvolvementos poliédricos de Jake J. van Wijk, apuntando a diferentes formas de “despregar” ou “desdobrar” a Terra:

En todo caso, o planeta pode verse de múltiples xeitos e con moitas variables dignas de ser examinadas. Velaquí 50 mapas para analizar diversas variables do noso planeta e profundizar en visións paralelas, entrecurtadas ou alternativas.

– Ver animación en El País comparando as proxeccións de Mercator e Peters.

– Comprobar os coñecementos sobre proxeccións cartográficas en educ.ar.

– Consultar o listado de proxeccións cartográficas en wikipedia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s