Cap Arcona


“O Cap Arcona era un barco de luxo de 28.000 toneladas que facía a ruta desde Hamburgo a Río de Janeiro e Bos Aires. Aquel barco elegante, lixeiro e veloz, co tempo foi a xoia da coroa da armada alemana. Antes da guerra estaba pintado de branco, coas chimeneas en vermello e negro. Nas súas viaxes levaba a persoas que ían a América a buscar traballo, mais tamén a xente de cartos na cuberta superior. Nas cociñas levaba dez quilos de caviar e seis mil quilos de polos. Hans Leip, o poeta que escribíu Lili Marlene, fixo nel a súa viaxe de vodas; tamén se rodaron alí películas de propaganda nazi. Mais cando estourou a guerra todo mudou; ao comezo prepararon no barco algúns camarotes para oficiais; máis tarde, a medida que os soviéticos ocupaban o Leste de Alemaña utilizárono para evacuar a dous millóns de civís. 

Agora a enorme nave repousaba na baía de Lübeck. Nas fotografías dos avións da RAF aparece pintada cun gris de camuflaxe, privada do seu encanto doutro tempo.

Segundo ían chegando os presos ao porto de Lübeck, íanos metendo nun cargueiro chamado Thielbeck. (…) Cando se encheu o Thielbeck, o Athen comezou a transportar ao resto dos presos ao grande Cap Arcona. (…)

Dos 6.400 prisioneiros que había no Cap Arcona morreron no ataque 4.250. Dos seiscentos gardas das SS saíron con ben cincocentos. Salváronse nos botes. O destino dos presos que tiveron que nadar non foi nada venturoso. Moitos afogaron no seu intento de chegar á costa, xa que só os recollían os barcos de pesca xermanos. Houbo quen se salvou por falar alemán. Mais para quen chegaba a terra a nado a agonía non remataba ahí. Os SS, cadetes da escola náutica de Neustadt, unos rapaces de dezaséis anos, esperaban armados con fusís a que os presos chegasen ás praias. Chegaban á area exhaustos, para morrer a tiros alí mesmo. (…)

Catro días despois do afundimento do Cap Arcona, o 7 de maio, a Alemaña nazi rendeuse incondicionalmente. O Báltico seguiu a devolver corpos durante case vinte anos.”

Kirmen Uribe: Lo que mueve el mundo“.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s