Dereitos civís


En 1955, unha muller negra, Rosa Parks, foi encarcelada por negarse a ceder o seu asento no autobús a un home blanco. Estes feitos resultaron detonantes para a consolidación do Movemento polos Dereitos Civís en Estados Unidos

En 1960, algúns estudantes negros de educación superior organizaron un plantón nun restaurante segregado de Woolworth (Carolina do Norte) e negáronse a retirarse do lugar. Este plantón, que atraeu a atención dos medios de comunicación, deu lugar a manifestacións similares en todo o sur. En 1961 organizáronse as “xiras da liberdade”, nas que brancos e negros viaxaban en autobuses cara ás terminais segregadas do sur dos USA.

Por aquel entón, a sociedade branca do pobo de Jackson, no estado de Mississippi, trataba con absoluto desdén e baixeza ao seu servizo doméstico negro, tal e como se narra na novela de Kathryn Stockett “Criadas e señoras”.

Os grupos das “xiras da liberdade” organizaron tamén grandes concentracións como a Marcha de Washington, en 1963. Máis de 200.000 persoas reuníronse na capital para manifestar o seu compromiso de igualdade para todos. Desa manifestación quédanos a lembranza do discurso “I have a dream” de Luther King.

Asasinado Kennedy en novembro de 1963, L. Johnson conseguíu do Congreso a aprobación da Lei de Dereitos Civís de 1964, pola que se prohibíu a discriminación en todos os aloxamentos públicos. En 1965 complementouse esta lei coa do Dereito de Voto, que permitiría o rexistro da meirande parte da poboación negra para participar nas eleccións. En 1968 aprobouse a lexislación pola que se prohibíu a discriminación en materia de vivenda.

Malcolm X [film] avogou pola necesidade de afirmar o Black Power por todos os medios, e orixináronse disturbios en 1966 e 1967 en importantes urbes. En 1968 foi asasinado M. Luther King.

“Pero mentres explotasen bombas nas igrexas e mentres as novas leis de “dereitos civís” non cambiasen a súa verdadeira condición, aos negros non se lles podía integrar facilmente na “coalición democrática”. Na primavera de 1963, a porcentaxe de desempregados entre os brancos era do 4,8%. Para os non brancos era do 12,1%. Segundo os cálculos do goberno, unha quinta parte da poboación branca vivía por debaixo do limiar da pobreza; a metade da poboación negra vivía por debaixo dese mesmo limiar. Os proxectos de lei sobre dereitos civís poñían énfase no voto. Mais o voto non era unha solución fundamental para o racismo e a pobreza. En Harlem, os negros que levaban anos votando seguían vivindo en tugurios infestados de ratas.”

Howard Zinn: “La otra historia de los Estados Unidos”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s