Doutrinas da Guerra Fría


O 5 de marzo de 1946, no Westminster College de Fulton (Missouri), Winston Churchill lanzou unha expresión que tería éxito; falou da “Iron Curtain” (o telón de aceiro que caía sobre Europa despois do final da Segunda Guerra Mundial, esgotado o período de colaboración bélica entre os aliados, que reestruturaran o mapa do continente nas conferencias de Ialta e Potsdam).

Un ano e unha semana despois, diante do Congreso dos Estados Unidos, o presidente norteamericano Harry Truman sostivo que “a política dos EE.UU. debe ser apoiar aos pobos libres que están resistindo intentos de agresión de minorías armadas ou presión exterior”. O discurso tiña por obxecto obter axuda económica para Turquía e Grecia, esta última envolta nunha guerra civil entre o goberno conservador pro-occidental e as guerrillas comunistas. Entraba en acción unha política de contención do comunismo que foi coñecida como a doutrina Truman.

En 1946, George Kennan, conselleiro do embaixador norteamericano en Moscova, enviou un telegrama no que advertía de que a política soviética se baseaba na permanente hostilidade de Moscova cara aos países occidentais. Baixo o seudónimo Mr. X, Kennan publicou, un ano máis tarde, na revista Foreign Affairs,  un artigo que levaba por título “As fontes da conduta soviética”, no que pedía unha “contención paciente mais firme e vixiante” fronte aos soviéticos. Esta é a orixe da doutrina da contención, na que avoga pola contención da URSS e da súa esfera de influencia, podendo pensar que a expansión soviética máis alá desas fronteiras debería considerarse como un ataque á seguridade nacional dos Estados Unidos. Kennan foi un arduo defensor do Plan Marshall para conter a influencia soviética en Europa.

O corolario da doutrina da contención foi a teoría do dominó esgrimida en público por Eisenhower en 1954. Segundo esta teoría, se un país nunha determinada rexión do mundo se facía comunista, os demáis que conformaban a rexión también acabarían caendo baixo a influencia comunista; polo tanto, non se perdería só un país, senón toda unha rexión. Por iso se facía necesario frear a expansión soviética.

En setembro de 1947, en Szklarska Poreba (Polonia), durante as sesións de constitución da Kominform, o delegado soviético Andrei Jdanov expuxo as súas obxecións a que os países limítrofes da URSS en Europa aceptasen o Plan Marshall, para o que tildaba ao bloque agrupado en torno aos Estados Unidos como “imperialista e antidemocrático”. É a xeoestratéxica doutrina Jdanov, que rematou de consolidar a división do mundo en dous bloques, un capitalista e outro comunista. Ambos incrementarían o seu distanciamento constituindo asociacións militares (OTAN, Pacto de Varsovia) e económicas (CEE, COMECON) diferenciadas.

Coa desestalinización da URSS a partir de 1955, levada a cabo por Kruschev, iniciouse a coexistencia pacíficaEsta proposta comunista baseábase en que, durante un período, os países comunistas e capitalistas terían que convivir, e para evitar unha guerra mundial era preciso manter a “coexistencia pacífica [que] presupón a renuncia á guerra como medio de resolver as disputas internacionais”. Aínda que esta teoría tivo momentos de creba como a invasión de Hungría en 1956, a construción do muro de Berlín en 1961 e a crise dos misís en Cuba (1962), oficialmente mantívose en vigor ata a década de 1980, cando a URSS se encamiñará cara á súa extinción.

Xa no ano 1968, o seguinte líder soviético, Brezhnev, nun discurso diante do Soviet Supremo da URSS, estableceu a doutrina da soberanía limitada, xustificando a intervención militar do Pacto de Varsovia en calquera país do bloque soviético que tentase “pasar do socialismo ao capitalismo”. Con esta teoría xustificábase retroactivamente a invasión de Hungría en 1956 e a intervención en Checoslovaquia para acalar a “Primavera de Praga”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s