Símbolos para outra guerra


5_roosevelt_globeEn decembro de 1942, o xeneral George C. Marshall, xefe do Estado Maior dos Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial, enviou sendos globos terráqueos xemelgos a Franklin D. Roosevelt e a W. Churchill, presidente norteamericano e primeiro ministro inglés respectivamente, co obxectivo de que ambos visen reflectido nel “o progreso da loita global de 1943 para liberar o mundo do terror e da servidume”. Era un xeito de reforzar a alianza atlántica que se formalizara por parte de ambos mandatarios en agosto de 1941, coa sinatura da “Carta do Atlántico” (na senda da “Declaración do Pazo de St. James” e precedente da creación da ONU).

Os británicos, sometidos ao asedio aéreo alemán durante a batalla de Inglaterra (de xullo a outubro de 1940), xa se tiñan preparado para a resistencia desde o famoso discurso de Churchill no que ofrecía “sangue, suor e bágoas” , no que prometía non renderse nunca (este extracto figura no inicio da canción de Supertramp “Fool’s overture”).

Nesa lembranza de discursos non cabe esquencer o de Xurxo VI ao comezo da guerra (setembro de 1939)  nin o de Charles de Gaulle -desde Londres, en xuño de 1940- apelando á Resistencia contra a invasión nazi.

– Consulta un anexo de wikipedia sobre as Conferencias da Segunda Guerra Mundial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s