Premio Dardos: ¿a quen amarga un doce?


premio-dardosVeño de recibir un “dardo” que ten que ser agradecido. Trátase do premio DARDOS, que recoñece “a creatividade, o esforzo e a dedicación dos blogueiros ao acadar unha boa calidade de contidos”, e quen mo enviou foi a moi aprezada Ana Rey, que des1_arel-arteenvolve un traballo magnífico no campo da Xeografía e da Historia da Arte, ademáis das súas excepcionais presentacións colgadas en Slideshare -verdadeiramente insuperables-. Cando se lanza este dardo, o premiado debe dar este premio a outros 15 blogues e webs aos que se 1_geografialanza outro dardo de confraternización na rede. E, a verdade é que aproveito para recoñecer publicamente o traballo doutros profesionais aos que tamén admiro.

Velaquí os 15 blogues ou webs elexidas (e permitídeme que me acorde en primeiro lugar da blogosfera galega, e atendendo a temas que corresponden á nosa disciplina):

1_caladinhos“Caladiños”, blog de Heladio Anxo Fernández, actualmente en A Estrada, leva moito tempo propoñéndonos historias alternativas e complementarias -non as oficiais exclusivamente- para levar á aula co noso alumnado.

1_iniciarte“Iniciarte”, blog de Antonio Martínez, profesor en Cambre, é un compendio de sabedoría e bo facer, sempre con citas e propostas moi interesantes.

no_espazo_e_no_tempo“No espazo e no tempo”, web -esencialmente de Xeografía- de José Luis Martínez Arenas, profesor  en Sada cun afán creativo e recopilatorio como poucos se coñezan. Con pouco tempo aínda na web, tense convertido nun clásico.

1_alifbai“Alifbai”, de Ramón Noche -profesor en Sarria, coido-, propón sempre actividades suxerentes e ligazóns prácticas, a un clic, moi ben pensadas para o alumnado e nas que o alumnado se implica pedagoxicamente.

1_ccssdidactica“ccssdidactica”, de Darío Doval -profesor actualmente en Carballo- aporta a frescura de quen se atreve a experimentar constantemente e non ten medo a nengunha nova aplicación.

1_blog_sociais“O blog de Sociais”, de Marta Arias, en Lugo, ponnos ao día sobre ferramentas e aplicacións, fai suxestións de webs interesantes e sempre asesora.

1_historia_e_arte“Historia e Arte (e viceversa)”, de Jorge Calle, compañeiro en Perillo (Oleiros), é un blogue de arte que pronto estará na senda do sempre admirado “Enseñ-arte”. Acredito!

clioblogue“Clioblogue 2.0”, de Quique Hervés -tamén en Lugo- aporta novas presentacións e xeitos de enfocar os coñecementos da nosa disciplina, sempre moi produtivos.

isaacbuzo– Inspiración para tantos e tantos recursos de Xeografía, o mestre de Badaxoz Isaac Buzo é un prodixio de elaboración de materiais. A súa web reflicte isto con enorme claridade.

clioenred“Clío en Red”, de Diego Sobrino, en Valladolid, é unha plataforma excelente, idónea para a busca e exposición de ferramentas e propostas en Ciencias Sociais.

ordenmundial– Web colectiva, “El orden mundial en el siglo  XXI” é unha aproximación a temas de xeopolítica internacional de sumo interese, sempre con textos atractivos e visións críticas.

face_a_face– Na web “Face à face” colaboran distintas seccións bilingües en francés de diversos centros educativos de España, con exposición de materiais moi interesantes.

capitulocero“Capítulo Cero”, de Manuel Gago, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, é un paseo sempre ameno pola cultura e a gastronomía galegas, cunhas agradables postas en escena e textos moi coidados.

cliphistoria“Cliphistoria”, a canle de vídeo de Manuel González, é unha ferramenta imprescindible para o traballo de aula canto a documentos videográficos, fragmentos de películas,…

cinehistoria“Cinehistoria”, de Tomás Valero, é unha web con moita información e propostas pedagóxicas para a aula canto á utilización do cine como ferramenta.

Tiña que citar 15, pero ben é certo que se me quedan moit@s admirad@s e admirables no tinteiro. Ofrecemos ligazóns a elas de xeito permanente no noso blogue, e seguiremos ampliando ligazóns porque sempre o bo traballo ha de ser loubado.

Que a interacción continúe. UBUNTU!!!

4 thoughts on “Premio Dardos: ¿a quen amarga un doce?

  1. Recibir semellante “dardo”, dun compañeiro de fatigas, sempre anima a seguir traballando na “nube”.
    Comezaremos, daquela, a enviar dardos dende ccssdidactica. Saludos a tod@s

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s