Viaxe á URSS


No mesmo ano en que se cumplía o 800º aniversario da fundación de Moscova e o 30º aniversario da revolución soviética, o ano en que Truman e Jdanov enunciaron as súas enfrontadas posturas sobre a “guerra fría”, Steinbeck e Capa emprenderon unha viaxe á URSS que despois plasmarían nun dos primeiros e máis destacados “cadernos de viaxe” do noso tempo, o Diario de Rusia[ver outra reseña]. Eles foron turistas que enfocaron o seu percorrido desde un punto de vista antropolóxico, tratando de desentrañar a alma rusa -soviética- a través das súas estadías nas granxas estatais, nas obras de teatro, nas tertulias literarias e nos parques de recreo moscovitas, ucraínos, xeorxianos, visitando a derruida Stalingrado ou a vella casa de Tchaikovsky. Foron con espírito aberto e pacifista, nun tempo en que o enfrontamento soviético-norteamericano atemorizaba a escala global. Mais sentíronse libres para defender os seus puntos de vista e deixar apuntamentos sobre as diferenzas culturais entre capitalismo e comunismo (incluso entre literatura capitalista e comunista -tal e como se aprecia nas consideracións realizadas en torno a “A cuestión rusa”, de Simonov-); aínda que ben pareza -como moitos críticos desta guía apuntan- que Steinbeck celebra excesivamente as noites de vodka e as comidas pantagruélicas. Un aspecto non impide o outro -aínda que se ignore o gulag-, mais coido que o obxectivo destes dous xenios non debía ser outro que descubrir “que os rusos son coma calquera outro pobo do mundo. Seguramente os haxa malos, mais con moito a maioría son moi bos.”

“Nada na Unión Soviética escapa á ollada da escaiola, bronce, óleo ou bordado do ollo de Stalin. O seu retrato non só está exposto en todos os museos, senón que se exhibe en todas as salas de todos os museos.  A súa estatua levántase á fronte de todos os edificios públicos. O seu busto está diante de todos os aeroportos, estacións de ferrocarril, estacións de autobús, en todas as aulas, e a cotío o seu retrato está detrás do seu busto. Nos parques está sentado nun banco de xeso, discutindo problemas con Lenin. Os estudantes nos colexios bordan o seu retrato con agulla e fío. As tendas venden millóns e millóns de facianas súas, e todas as casas teñen alomenos un retrato. Seguramente o pintado, o modelado, o fundido e o bordado de Stalin é unha das grandes industrias da Unión Soviética. Está en todas partes, óllao todo.”

J. Steinbeck & R. Capa: Diario de Rusia.”

“Non podiamos pensar en ninguén en toda a historia que recibise tantos honores en vida. Só se nos ocorreu César Augusto neste aspecto, e dubidamos se incluso César Augusto en vida tivo o prestixio, a veneración e o dominio case divino da súa xente que ten Stalin. O que di Stalin é verdade para eles, aínda que pareza estar en contra da lei natural. O lugar onde naceu xa se ten convertido en destino de peregrinación. A xente que o visitou cando nós estivemos alí falaba en rumores e andaba de puntillas. (…)

En Rusia non hai apelación contra a palabra de Stalin, e non hai argumento contra de nada do que diga.”

J. Steinbeck & R. Capa: Diario de Rusia.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s