A Comuna de París


O historiador norteamericano Howard Zinn, autor da Outra historia dos Estados Unidosescribíu en 1999 unha obra teatral que leva por título Marx in Soho. Nela recrea un monólogo de Marx diante dos espectadores, no que repasa a vixencia do seu pensamento no mundo actual e algúns episodios como a Comuna de París [páxinas 25 a 29 da versión proposta] e as súas discrepancias con Bakunin.

O proxecto autoxestionario da Comuna de París experimentouse entre marzo e maio de 1871, despois do afundimento do Segundo Imperio francés e a proclamación en Versailles do II Reich alemán. Durante 60 días, un goberno inspirado en ideoloxías diferentes -marxistas, anarquistas, outras de tradición hebertista,…- promulgou decretos revolucionarios (autoxestión das fábricas abandonadas polos seus donos, creación de garderías para os fillos das obreiras, laicidade do Estado, obriga das igrexas de acoller as asembleas de viciños e de sumarse ós labores sociais, remisión dos alugueres impagados e abolición dos intereses das débedas). A entrada do exército da III República en París acabaría coa masacre duns 30.000 parisinos e o fusilamento dos líderes do movemento.

“Thiers retirábase con todo o goberno a Versalles e, a finais de marzo, en París proclamábase a Comuna. Agora era o goberno francés (de Versalles) o que sitiaba e bombardeaba París desde o forte do Mont-Valérien, mentres os prusianos deixaban que o fixese,…

(…) A mañá do luns (22 de maio), os homes de Versalles colocaban os canóns no Arco de Triunfo e alguén deu aos comuneiros a orde de abandoar unha defensa coordinada, levantar barricadas e atrincheirarse cada un no seu propio barrio. (…)

A Comuna apagouse os días seguintes, cun último corpo a corpo a arma branca no cemiterio Père-Lachaise. Cento corenta e sete supervivintes, dicíase, foron capturados e axustizados no lugar.”

Umberto Eco: El cementerio de Praga“.

Un dos símbolos deste movemento revolucionario estivo no derrubamento da columna da Place Vendôme, erixida en tempos de Napoleón I, aínda que ao pintor Courbet lle saíse caro o acto, pois foi -nun proceso en 1873- xulgado responsable e condeado a aboar os gastos de reconstrución da mesma.

4_derrubamento_columna_place_vendome

“A Comuna enseguida se considerou como a primeira revolución da idade industrial, que anunciaba unha nova era de revolución social máis que política. A esquerda viuna como o primeiro disparo da loita internacional de clases que conduciría en última instancia á vitoria total da clase traballadora. Por outra banda, a dereita considerábaa como o primeiro signo da revolución socialista inminente, que temían fose organizada polo movemento obreiro internacional. De feito, como coincidiu co apoxeo do eco e a propagación popular da Primeira Internacional, moitos conservadores sobreestimaron o seu papel na Comuna e crían que xa era capaz de planexar e organizar unha revolución universal. Unha das consecuencias foi que Bismarck se convencese de que había que tomar medidas contra o movemento socialista en aumento na nova Alemania.

(…) En último termo, a Comuna foi máis importante como símbolo e exemplo para revolucionarios futuros. Se ben non ameazou seriamente o statu quo burgués en 1871, é certo que asustou ás elites económicas e políticas: a súa existencia semellaba dotar de carne e óso á pantasma da revolución comunista coa que Marx ameazaba no Manifesto Comunista de 1848. Pode considerarse, polo tanto, como precursora da Revolución Rusa de 1917.”

Allan Todd: Las revoluciones. 1789-1917

* Un vídeo-resumo de Javier Fernández-Peña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s