Crítica dos privilexios


Pierre-Auguste Caron de Beaumarchais, dramaturgo francés e home de fortuna, afronta -en “As vodas de Fígaro” o triunfo dos humildes sobre dos poderosos, a vitoria da moral sobre o privilexio de ser nobre. E así nolo lembra o protagonista na famosa alocución do V acto, na que pon de manifesto a falta de correspondencia entre intelixencia e nobreza, ademáis de denunciar o absurdo dos privilexios de berce e as dificultades dun membro do Terceiro Estado para chegar a ser algo:

Porque sodes un gran señor crédesvos un gran xenio. (…). Nobreza, fortuna, rango, posición, todo iso é o que vos fai ser tan arrogante. Pero que fixestes para merecer esas fortunas? Tomástesvos a molestia de nacer, e nada máis. Polo demais, sodes un home bastante ordinario. Canto a min, meu Deus, perdido entre a escura multitude, hei ter que usar de máis ciencia e expedientes tan só para subsistir dos que se usaron nos últimos cen anos para gobernar a toda España. (…). Esfórzome para seguir unha carreira honorable e en todas partes véxome rexeitado. Aprendo a química, a farmacia, a cirurxía, e toda a influencia dun gran señor apenas basta para poñerme na man unha lanceta de veterinario.”

Beaumarchais. As vodas de Fígaro. 1784.

🙂 Con música de Mozart e libreto de Lorenzo da Ponte, a ópera do mesmo título sería estreada en Viena o 1 de maio de 1786.

* Fígaro era barbeiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s