Un retrato burgués


2a_deputado_michel_gerard_e_familiaBotemos unha ollada ao retrato do deputado da Convención Michel Gérard e a súa familia.

Probablemente saído do obradoiro de Jacques-Louis David ou quizás pintado por el mesmo, amosa un retrato colectivo do père Gérard (1713-1815), o único deputado campesiño elexido polo Terceiro Estado para os Estados Xerais de 1789. Na época en que foi retratado (1792-1795), Gérard era deputado por Rennes na Convención Nacional. E foi por entón cando Collot d’Herbois editou un panfleto titulado Almanach du Père Gérard. [*]

Ao comezo da Revolución, Gérard sempre levara o seu traxe de campesiño bretón, mais neste retrato aparece representado cun traxe burgués á moda urbana, como os dos outros membros da súa familia. A escena, moi coidada, non deixa nada á espontaneidade: un interior doméstico, de trazos burgueses, amosa a un pai con dous xoves nenos aos que se insufla o espírito da Ilustración -tal e como se amosa no interese pola educación de ambos: o neno ten un libro na man, a nena está ao piano-.Detrás do pai están os dous fillos maiores, que levan traxes á moda, testemuñando as posibilidades de ascenso social que outorgan -nesta xove sociedade burguesa- a educación e o mérito persoal.

Nesta estampa burguesa falta o “anxo do fogar”, a nai quizás morta, mais todo o ambiente irradia valores da triunfante burguesía francesa de finais do século XVIII.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s