O fin do Poder


No seu último libro, Moisés Naím fai un excurso interesting sobre o ascenso, concentración e decadencia do poder en moi diversos ámbitos: o político, o económico, o militar, o relixioso,… Entresacamos algúns extractos dos moitos que merecen ser lidos nesta obra tan attirante:

“A Segunda Guerra Mundial reforzou a equiparación do tamaño co poder. O “arseal da democracia” de Estados Unidos, as industrias que alimentaron a vitoria aliada, duplicou o tamaño da economía estadounidense durante a guerra e déronlle un impulso enorme a grandes empresas especializadas na produción a grande escala. E non hai que esquencer que os vencedores supremos do conflito foron Estados Unidos e a Unión Soviética, países que abranguían continentes enteiros, non nacións insulares como Xapón e incluso o Reino Unido, empobrecidas polos costes da loita e moi diminuídas na súa capacidade de proxectar o seu poder imperial arredor do mundo. Ao rematar a guerra, a demanda reprimida dos consumidores norteamericanos, sostida polos aforros en tempos de guerra e os novos e xenerosos programas do goberno, permitíu que as grandes empresas medrasen aínda máis.”

Moisés Naím: El fin del poder.

“Cando os vencedores da Segunda Guerra Mundial crearon o sistema de Nacións Unidas, aseguráronse de que o deseño protexese os seus intereses. Estados Unidos, a Unión Soviética, China, Francia e Gran Bretaña, por exemplo, outorgáronse a si mesmos postos permanentes no Consello de Seguridade, o órgano que ía ocuparse das crises internacionais máis graves. Tamén se aseguraron o poder de vetar calquera resolución. Este acordo era innovador na política internacional, e neste caso funcionou tal como esperaban os que o deseñaron. A capacidade dos cinco membros permanentes (todos eles potencias nucleares) para bloquear calquera medida que ameazase os seus intereses proporcionoulles outra ferramenta útil na complexa rivalidade xerada pola división do mundo entre Occidente e o bloque soviético. Dos 269 usos do veto exercidos entre 1946 e 2012, máis de 225 producíronse antes de 1990. A Unión Soviética foi a que máis empregou o seu poder de veto nos anos cincuenta e sesenta, e Estados Unidos nos anos posteriores, sobre todo para impedir resolucións de condea da política israelí respecto do Líbano ou os palestinos. Na última década, o veto exerceuse moi pouco no Consello de Seguridade; nin Francia nin o Reino Unido o utilizan desde hai máis de quince anos. Sen embargo, desde 2006, China e Rusia recorreron ao veto para impedir que se censurase ou sancionase a países como Zimbabue, Myanmar e Siria.”

Moisés Naím: El fin del poder.

“Por suposto, a expansión da democracia non culminou, nin moito menos. Algúns países (por exemplo China, Arabia Saudí, Corea do Norte, Cuba, Bielorrusia) aínda non a experimentaron ou, como Rusia, só de xeito parcial e frustrante. Mais as forzas que socavan o autoritarismo están en activo nas prazas públicas que pasaron a simbolizar a Primavera Árabe, nas rúas de Teherán, nas páxinas web de China e incluso, cada vez máis, nas cidades, e noutras sociedades gobernadas por reximes represivos empeñados en controlar á súa poboación. Cada vez máis artigos e ensaios con títulos como “Por que se democratizará China”, que afirman que os días autocráticos do xigante asiático están contados, e os pronósticos sobre o fin do poder absoluto do Partido Comunista Chinés multiplícanse.

¿E por que non? ¿Por que vai ser China unha excepción? En grande parte do mundo, o poder político está cada vez menos concentrado. Nas últimas décadas, un número sen precedentes de partidos políticos e faccións competiron nas furnas, e os gobernos cambiaron ou caeron con máis frecuencia que nunca. (…)

Moisés Naím: El fin del poder.

244_C923000.jpg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s