Burguesía e clase media


2_degas_algodon_new_orleansXurdida como grupo social urbano na Baixa Idade Media, a burguesía afirma o seu status político e social na Europa posterior ás revolucións dos séculos XVII e XVIII. Sempre heteroxénea, adquire no século XIX un poder político que corre paralelo ao seu potencial económico, aristocratízase en certo xeito e impón uns valores morais e de conduta que afirmarán o seu predominio.

“A burguesía domina. Ela é a nova aristocracia, a nobreza do século XIX. (…) A burguesía domina porque manexa todas as forzas sociais; porque posúe as fontes de riqueza, os instrumentos de traballo, o crédito. O goberno é tributario seu, igual que a nación. Por ela o pobo vive; por ela morre. Ela é, en fin, señora e raíña do mundo social. Este dominio está consagrado, proclamado polas institucións políticas. É a burguesía quen fai a lei e quen a aplica.”.

Duclerc, E.: Dicionario político e enciclopédico. París, 1842.

“A burguesía someteu o campo á dominación da cidade, creou cidades enormes, incrementou en alto grao o número da poboación urbana en relación á rural, fixo depender aos países bárbaros e semibárbaros dos civilizados, aos pobos campesiños dos pobos burgueses, ao Oriente do Occidente. A burguesía vai superando cada vez máis a fragmentación dos medios de produción, da propiedade e da poboación, centralizou os medios de produción e concentrou a propiedade nunhas poucas mans.”

Marx e Engels: Manifesto do Partido Comunista. 1848.

A partir de comezos do século XX, o grupo de xente acomodada que integra a clase media comeza a medrar, ao abeiro do crecemento económico dos anos posteriores á Primeira Guerra Mundial, especialmente nos Estados Unidos.

En Europa, o crecemento económico posterior á Segunda Guerra Mundial (a expresión acuñada por Fourastié é a dos “trinta gloriosos“, os anos que van de 1946 a 1974)  motivará o incremento dunha clase media consumista que -a ollos de algúns cineastas como Chabrol ou Buñuel– manifesta signos de decadencia.

A recente crise económica pode cuestionar aínda máis o poder socio-económico desta clase media que perde poder adquisitivo en Europa, mais que medra de xeito significativo nos países emerxentes.

“O progreso dos países pobres contrasta claramente coa situación recente en Europa e Estados Unidos, onde unha clase media que tivo decenios de crecemento e prosperidade está a perder os seus cementos económicos e contraéndose como consecuencia da crise financeira. O desemprego crónico que está arraigándose en moitos países europeos e en Estados Unidos é un problema grave. Nembargantes, a imaxe xeral de que a humanidade actualmente goza de mellor calidade de vida, de que satisface as súas necesidades básicas moito mellor que nunca, é crucial para comprender os fluxos e as redistribucións actuais de poder,…”

Moisés Naím: El fin del poder“.

* Olla a presentación.

* E visualiza un film de Polanski coa clase media como protagonista:

“En 2008, días despois de que se anunciase o rescate bancario masivo en Estados Unidos e poucas semanas despois da caída de Lehman Brothers e o rescate da xigantesca aseguradora American International Group (AIG), a crítica Naomi Klein calificou a época como “unha revolta das elites… e cun éxito incrible”. Klein dicía que tanto o longo abandono da regulación financeira como o repentino e masivo rescate eran reflexo do control das clases dominantes sobre a política. E suxería que había unha tendencia común na concentración de poder que unía a grandes países con sistemas políticos e económicos aparentemente opostos. “Vexo unha deriva cara ao capitalismo autoritario que comparten [Estados Unidos], Rusia e China -explicou Klein nun acto público en Nova Iorque-. Iso non quere dicir que esteamos todos na mesma fase, mais si vexo unha tendencia cara a unha mestura moi inquedante do grande poder empresarial e grande poder do Estado que colaboran en defensa dos intereses das elites.”

Moisés Naím: El fin del poder“.

One thought on “Burguesía e clase media

  1. Pingback: Burguesía e clase media | Botóns

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s