11-S / 1973


Hai 40 anos, o 11 de setembro de 1973, o levantamento militar contra o presidente socialista chileno Salvador Allende permitíu a instauración dunha ditadura militar que se prolongaría ata finais da guerra fría.

Un escritor magnífico, do que se cumpliron este ano 10 do seu pasamento, Roberto Bolaño, nárranos o entorno daquel período tráxico para a historia chilena:

Empecei con Homero, como manda a tradición, e seguín con Tales de Mileto e Xenófanes de Colofón e Alcmeón de Crotona e Zenón de Elea (que bo era), e entón mataron a un xeral do exército favorable a Allende e Chile restableceu relacións diplomáticas con Cuba e o censo nacional rexistrou un total de 8.884.768 chilenos e pola televisión empezaron a transmitir a telenovela El derecho de nacer, e eu lin a Tirteo de Esparta e a Arquíloco de Paros e a Solón de Atenas e a Hiponacte de Éfeso e a Estesícoro de Himera e a Safo de Mitilene e a Teognis de Megara e a Anacreonte de Teos e a Píndaro de Tebas (un dos meus favoritos), e o goberno nacionalizou o cobre e despois o salitre e o ferro e Pablo Neruda recibíu o Premio Nobel e Díaz Casanueva o Premio Nacional de Literatura e Fidel Castro visitou o país e moitos creron que se ía quedar a vivir acá para sempre e mataron ao ex ministro da Democracia Cristiá Pérez Zujovic e Lafourcade publicou Palomita blanca e eu fíxenlle unha boa crítica, case unha glosa triunfal, aínda que no fondo sabía que era unha noveliña que non valía nada, e organizouse a primeira marcha das cacerolas en contra de Allende e eu lin a Esquilo e a Sófocles e a Eurípides, todas as traxedias, e a Alceo de Mitilene e a Esopo e a Hesiodo e a Heródoto (que é un titán máis que un home), e en Chile houbo escaseza e inflación e mercado negro e longas colas para conseguir comida e a Reforma Agraria expropiou o fundo de Farewell e moitos outros fundos e creouse a Secretaría Nacional da Muller e Allende visitou México e a Asemblea das Nacións Unidas en Nova Iorque e houbo atentados e eu lin a Tucídides, as longas guerras de Tucídides, os ríos e as chairas, os ventos e as mesetas que cruzan as páxinas escurecidas polo tempo, e os homes de Tucídides, os homes armados de Tucídides e os homes desarmados, os que recollen a uva e os que ollan desde unha montaña o horizonte lonxano, ese horizonte onde estaba eu confundido con millóns de seres, á espera de nacer, ese horizonte que ollou Tucídides e onde eu tremaba, e tamén volvin ler a Demóstenes e a Menandro e a Aristóteles e a Platón (que sempre é proveitoso), e houbo folgas e un coronel dun rexemento blindado tentou dar un golpe e un camarógrafo morreu filmando a súa propia muerte e logo mataron ao edecán naval de Allende e houbo disturbios, malas verbas, os chilenos blasfemaron, pintaron as paredes, e despois case medio millón de persoas desfilou nunha grande marcha de apoio a Allende, e despois veu o golpe de Estado, o levantamento, o pronunciamento militar, e bombardearon La Moneda e cando rematou o bombardeo o presidente suicidouse e todo rematou.

(…) E esa era a verdade. Aburriámonos. Liamos e aburriámonos. Os intelectuais. Porque non se pode ler todo o día e toda a noite. Non se pode escribir todo o día e toda a noite. Non eramos, non somos titáns cegos, e naqueles anos, como agora, os escritores e artistas chilenos precisaban reunirse e conversar, a ser posible nun lugar amable e con persoas intelixentes. O problema, aparte do feito insoslaiable de que moitos amigos se marcharan do país por problemas a cotío máis de índole persoal que política, radicaba no toque de queda. ¿Onde se podían reunir os intelectuais, os artistas, se ás dez da noite todo estaba pechado e a noite, como todo o mundo sabe, é o intre propicio da reunión e das confidencias e do diálogo entre iguais? Os artistas, os escritores. Que época. (…)

(…) Chile enteiro tíñase convertido na árbore de Xudas, unha árbore sen follas, aparentemente morta, mais ben enraigada aínda na terra negra, a nosa fértil terra negra onde os vermes miden corenta centímetros.(…)”

Roberto Bolaño: Nocturno de Chile.

– Consultade un artigo de Roberto Lagos en El País, en lembranza daqueles feitos.

– Realizade as actividades propostas en torno a 2 fragmentos dos textos citados.

– Lede este artigo de Mario Boero Vargas sobre Allende e Bolaño. E outro de Alberto Sicilia -en Público- sobre as reformas de Allende. E as obras de Mario Amorós “Chile, la herida abierta” e Después de la lluvia. Chile, la memoria herida.

– Ollade o especial sobre 40 anos do golpe de Estado en El País.

* Springsteen lembra ás vítimas da ditadura de Pinochet en Chile.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s