Verán / Verão / Été / Summer…


O IGN dinos que o verán de 2013 comezou hoxe venres 21 de xuño ás 7:04 a.m. (hora oficial en Santiago de Compostela). A estación que hoxe comeza  durará 93 días e 15 horas, así que ata o 22 de setembro disfrutaremos dela.

goya_veran

Pois imos desexarvos esta vez un bo verán cunha escea de Goya: “A eira” ou “O agosto”, óleo de 1786 que representa, con grande naturalismo, a un grupo de segadores descansando -con algúns animais- diante dunhas gavias de trigo e cun impoñente castelo medieval ao fondo. Os cumulonimbos grisáceos da dereita ameazan treboada neste día de calor abafante (unha das características propias da estación). ¿Será o verán deste 2013 abafante, ou parecerase máis ben ao ano sen verán de 1816?

En todo caso, que o disfrutedes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s