Ascenso do nazismo


9_esquema_ascenso_nazismo“Os amigos de Adolf Hitler teñen mala memoria, pero a aventura nazi non sería posible sen a axuda que deles recibiu. Como os seus colegas Mussolini e Franco, Hitler contou co beneplácito rápido da Igrexa Católica. Hugo Boss vestiu o seu exército. Bertelsmann publicou as obras que instruíron aos seus oficiais. Os seus avións voaban grazas ao combustible da Standard Oil e os seus soldados viaxaban en camións e jeeps marca Ford. Henry Ford, autor deses vehículos e do libro O xudeu internacional, foi a súa musa inspiradora. Hitler agradeceullo condecorándoo. Tamén condecorou ao presidente da IBM, a empresa que fixo posible a identificación dos xudeus. A Rockefeller Foundation financiou investigacións raciais e racistas da menciña nazi. Joe Kennedy, pai do presidente, era embaixador dos Estados Unidos en Londres, pero máis parecía embaixador de Alemania. E Prescott Bush, pai e avó de presidentes, foi colaborador de Fritz Thyssen, quen puxo a súa fortuna ao servizo de Hitler. O Deutsche Bank financiou a construción do campo de concentración de Auschwitz. O consorcio IGFarben, o xigante da industria química alemá, que despois pasou a chamarse Bayer, Basf ou Hoechst, usaba como coelliños de Indias aos prisioneiros dos campos, e ademais usábanos de man de obra. Estes obreiros escravos producían de todo, incluíndo o gas que ía matalos. Os prisioneiros traballaban tamén para outras empresas, como Krupp, Thyssen, Siemens, Varta, Bosch, Daimler Benz, Volkswagen e BMW, que eran a base económica dos delirios nazis. Os bancos suizos gañaron moitos cartos comprando a Hitler o ouro das súas vítimas: as súas alfaias e os seus dentes. O ouro entraba en Suiza con asombrosa facilidade, mentres a fronteira estaba pechada baixo sete chaves para os fuxitivos de carne e óso. Coca-Cola inventou a Fanta para o mercado alemán en plena guerra. Nese período, tamén Unilever, Westinghouse e General Electric multiplicaron alí os seus investimentos e as súas ganancias. Cando a guerra  rematou, a empresa ITT recibiu unha millonaria indemnización porque os bombardeos aliados danaran as súas fábricas en Alemania.”

Eduardo Galeano: Espejos.

* Moitos artistas foron conscientes dos riscos de ascenso do nazismo, e criticárono expresa e expresivamente, como por exemplo John Heartfield coas súas fotomontaxes.

* Ver esta vella anotación sobre o ascenso dos fascismos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s