Poboación activa agraria e PAC


6_poboacion_activa_agrariaA pesares da redución continua e progresiva da poboación activa agraria no conxunto da poboación activa española -desde o 50% en 1950 a menos do 5% na actualidade-, en tempos recentes subsisten determinadas diferenzas provinciais que contribúen a sinalar a importancia do sector primario sobre doutros, especialmente nas provincias con máis do 12% de poboación activa agraria (determinadas áreas de escasa industrialización correspondentes ao interior peninsular, como é o caso das provincias de Zamora, Cuenca e Xaén; e outras provincias nas que, a pesar do seu carácter parcialmente litoral -Lugo, Huelva, Almería-, o insuficiente pulo dos sectores secundario e terciario conceden un peso relativo moi significativo ao sector primario).

En todo caso, o avellentamento xeral da poboación marca a tónica xeral da poboación activa agraria, cunha redución progresiva de explotacións rendibles que só se ve paliada en áreas de pulo importante como as de cultivos baixo plástico do litoral almeriense.

Feitas as salvedades das provincias “litorais” citadas, as meirandes porcentaxes de poboación activa agraria concéntranse especialmente no interior peninsular, e sobre todo en Extremadura e Andalucía, comunidades de forte presenza latifundista e man de obra vencellada á contratación de xornaleiros e temporeiros -esquema que tamén se ten repetido, aínda que con man de obra preferentemente procedente da inmigración magrebí, na provincia de Almería-.

* Olla un esquema da PAC.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s