Protagonistas dunha traxedia


6_hoffmann_1914

“Munich, Odeonplatz, agosto de 1914.
A bandeira imperial flamea nas alturas. Ao seu amparo, unha multitude xúntase no éxtase da xermanidade.
Alemania declarou a guerra. Guerra, guerra, berra a xente, tola de ledicia, ansiosa por chegar canto antes aos campos de batalla. Nun ángulo inferior da foto, perdido entre a xente, asoma un home en estado de gracia, os ollos ao ceo, a boca aberta. Os que o coñecen poderían contarnos que se chama Adolf, é austríaco, feúcho, que fala con voz berrona e está sempre ao borde dun ataque de nervos, que durme nun altiño e que malvive vendendo nos bares, mesa por mesa, as acuarelas que pinta copiando paisaxes de almanaques.
O fotógrafo, Heinrich Hoffmann, non o coñece. Non ten a menor idea de que nese mar de cabezas, a súa cámara rexistrou a presenza do mesías, o redentor da raza dos nibelungos e das valkirias, o Sigfrido que vingará a derrota e a humillación desta Grande Alemania, que cantando marcha desde o manicomio cara ao matadoiro.”

Eduardo Galeano: “Espejos”.

“Por aquel entón a xente aínda confiaba a cegas nas súas autoridades; en Austria ninguén tería ousado pensar que o veneradísimo pai da patria, o emperador Francisco Xosé, aos seus oitenta e catro anos podería ter chamado ao seu pobo á guerra sen terse visto obrigado a iso por unha forza maior, nin que lle pedise un sacrificio cruento, se non fose porque inimigos malvados, pérfidos e criminais ameazaban a paz do imperio. Os alemáns, ao seu tempo, leran os telegramas do seu emperador ao tsar nos que o seu monarca loitaba pola paz; un grande respeto cara aos «superiores», os ministros, os diplomáticos e cara ao seu xuizo e honradez, animaba aínda ao home da rúa. Se había guerra, por forza tiña que ser contra a vontade dos seus gobernantes; eles non podían ter a culpa, ninguén do país a tiña. Polo tanto, os criminais, os instigadores da guerra tiñan que ser os do outro país; era lexítima defensa alzarse en armas, lexítima defensa contra un inimigo pérfido e ruin que, sen motivo algún, «atacaba» ás pacíficas Austria e Alemania.”

Stefan Zweig: El mundo de ayer. Memorias de un europeo”

– Consulta as opinións de S. Zweig sobre a Primeira Guerra Mundial. E outro post.

“A guerra era algo tan estúpido e descabelado como todo o que facía o tsar Nicolás. Cometérase un asasinato en Bosnia, e un mes despois, ¡Rusia estaba en guerra con Alemania! Miles de traballadores e campesiños perderían a vida en ambos bandos, e non se lograría nada. Para Grigori e para todos os seus coñecidos, aquela era a proba de que a nobreza rusa era demasiado idiota para gobernar.”

Ken Follett: “La caída de los gigantes”

A Primeira Guerra Mundial na web de J. Carlos Ocaña.

– Tamén a Grande Guerra en librosvivos.net.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s