God save the Queen


5_imperio_britanico_ca_1914

“A India vendía a Inglaterra os seus tecidos finos de algodón e de seda, e o goberno inglés buscaba o xeito de evitar esa invasión. A partir de 1685, as teas hindúes foron castigadas con pesadas tarifas. Despois os gravames seguiron aumentando, ata chegar a moi altos niveis, e alternaron con períodos de portas pechadas.
Pero o tempo foi pasando e as barreiras e prohibicións non conseguían desaloxar a competencia. Medio século despois das máquinas de vapor e da revolución industrial inglesa, aínda os tecedores da India eran duros de pelar. Malia os seus primitivos medios técnicos, as súas teas de alta calidade e baixo prezo seguían atopando clientes.
Estes testudos competidores non foron aniquilados ata que por fin, a comezos do século dezanove, o imperio británico  culminou a sangue e lume a súa conquista militar de case todo o territorio hindú e obrigou aos tecedores a pagar impostos astronómicos.
Despois, tivo a xentileza de vestir aos sobrevivintes da hecatombe. A mediados do século dezanove, cando xa os teares da India xacían afogados no fondo do río Támesis, os hindúes eran os mellores clientes da industria téxtil de Manchester.
Para entón Dacca, que o lendario Clive da India comparara con Londres e Manchester, estaba baleira. De cada cinco habitantes, catro fóranse. Dacca era o centro industrial de Bengala, e Bengala xa non producía tecidos, senón opio. Clive, o seu  conquistador, morrera de sobredose, pero os cultivos de mapoula gozaban de boa saúde no medio da ruína xeral.
Agora Dacca é a capital de Bangladesh, país pobre entre os pobres.”

Eduardo Galeano: “Espejos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s