Danton /vs/ Robespierre


[Versión de maior calidade do vídeo -en italiano-]

“Para sabotear a revolución, os donos da terra incendiaban as súas propias colleitas. A pantasma da fame roldaba as cidades. Os reinos de Austria, Prusia, Inglaterra, España e Holanda alzábanse en pé de guerra contra a contaxiosa revolución francesa, que ofendía as tradicións e ameazaba a santísima trinidade da coroa, a peluca e a sotana. 
Acosada por dentro e por fóra, a revolución fervía. O pobo era o público que vía o que se estaba facendo no seu nome. Non moita xente asistía aos debates. O tempo non daba. Había que facer cola para comer. 
As diverxencias conducían ao cadalso. Porque todos os dirixentes da revolución francesa eran inimigos da monarquía, pero algúns tiñan un rei dentro, e por dereito revolucionario, novo dereito divino, eran donos da verdade absoluta e esixían o poder absoluto. E quen ousase discrepar era contrarrevolucionario, aliado do inimigo, espía estranxeiro e traidor á causa. 
Marat salvouse da guillotina porque unha señorita chiflada apuñalouno cando se estaba a bañar. 
Saint Just, inspirado por Robespierre, acusou a Danton. Danton, condeado a morte, pediu que non se esquecesen de exhibir a súa cabeza á curiosidade pública e deixou o seu par de ovos, en herdanza, a Robespierre.

Dixo que os ía a necesitar.  

Tres meses despois, Saint Just e Robespierre foron decapitados. Sen querelo nin sabelo, a república, caótica, desesperada, traballaba pola restauración da orde monárquica. A revolución que anunciara liberdade, igualdade e fraternidad terminou abrindo paso ao despotismo de Napoleón Bonaparte, que fundou a súa propia dinastía.”

Eduardo Galeano: Espejos“.

* Velaquí unha interesante web de Jesús Tapia sobre a Revolución Francesa.

(…) Corolario: Napoleón dá un golpe de Estado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s