Introducindo a historia do presente


Di Jacques Attali que “o ser humano nace da viaxe”; o espírito humano estaría modelado polo nomadismo. A historia do presente é a da migración continua, a da exploración permanente, a da investigación a ultranza. O planeta que habitamos quedou pequeno, anceiamos espazos máis lonxanos para habitar e conquistar, e debemos estar a piques de dar ese salto que a carreira espacial da Guerra Fría nos plantexaba.

A conquista de novos espazos está chea de zozobra; unhas veces, as augas árticas tínguense de pantasmas (quizás a de John Franklin estea no fondo delas, envolto na Union Jack); outras, o espazo lunar sen osíxeno bota de menos ao primeiro humano que o teña pisado. Neste 2012 que supón o final dun ciclo de conta longa do calendario maia, deixounos Neil Armstrong en medio do ciclo olímpico-paralímpico, cen anos despois de que uns heroes británicos -liderados polo capitán Scott- sucumbisen aos fríos austrais no seu desexo de ser os primeiros (sempre ese soño olímpico) en chegar ao punto 90ºS. Non foron os británicos, foi o noruego Amundsen o que primeiro chegou, o que primeiro tiña feito dunha soa tirada a viaxe polo paso do Noroeste. E tamén alí superou a John Franklin, quen de seguro tería completado a travesía medio século antes de non ser polo empeño de levar consigo unha “galante tripulación” e vaixelas innecesarias para unha travesía de exploración.

O verán de 2012 conclúe cos Xogos Olímpicos de Londres, co descubrimento do antigo veleiro Terra Nova –o que levara ao capitán Scott á Antártida- no fondo das augas meridionais de Groenlandia, as mesmas polas que pasaran o Erebus e o Terror case un século antes, cargados de ensoñacións para mellor descubrir os confíns da Terra. As mesmas ensoñacións que levaba a tripulación de Scott cara ao Polo Sur; idénticas ás que Armstrong ensaiou colocando a “pica en Flandres” (a bandeira norteamericana) na superficie do noso satélite.

Explorar é de humanos. Quizás porque temos un espírito nómade.

* Consulta un magnífico artigo de John Carlin sobre o “Apolo 11”.

* En xullo de 2012 atopouse o barco que levou Scott á Antártida.

* E aínda queda “a última conquista polar” (ver artigo de El País).

Velaquí as letras das cancións de Pascal Obispo e Sinead O’Connor.

One thought on “Introducindo a historia do presente

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s