Agora que non ollades


Agora é o momento. Houellebecq non se documenta -iso di-, deixa fluir os seus pensamentos sobre o mapa (creación humana) e o territorio (paraíso natural, efervescencia da vexetación) nun simple devalar do pensamento. Cando a tecnoloxía sexa arrasada polo tempo, cando a Europa decadente deixe de estimular a produción de novos eventos, cando non sexamos máis que un paraíso da “nada”, entón a salvaxe vexetación restaurará os espazos incultos, as ruinas de formigón, a esencia da natureza… E entón todo retornará á sinxeleza. As carpas brasileñas invadirán os lagos suizos, os mexilóns cebra deambularán polos ríos mediterráneos, as acacias australianas colonizarán o val do “pai Miño” e pode que do “fillo Sil”… E pode que a xente siga a pasar fame no Sahel, que a inxustiza se adone de espazos inmensos, superiores aos que Jed Martin podería acoutar co seu muro de tres metros de alto… Agora é o momento de recargar pilas, de insolarse e isolarse, de coller folgos cara ao inverno ártico,  de afrontar rescates e recurtes, de soñar!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s