BRICS


Xa non son tempos de bipolarización (non se entenda mal o termo) nin de ricos/vs/pobres e reclamación dunha participación máis coherente do Terceiro Mundo -ao que definía Sauvy reclamando a herdanza de Sieyès– na toma de decisións mundiais, e non son os tempos do G-20 sen máis.

Quizás agora é chegado o tempo dos BRICS (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica), que, diante do marasmo económico dos PIGS (Portugal,  Irlanda, Grecia e España), afrontan o aumento das súas contribucións ao Fondo Monetario Internacional, que reclaman máis peso das potencias emerxentes nun mundo distante dos enfrontamentos ideolóxicos da guerra fría, un mundo que camiña -para mágoa dos dereitos e liberdades das persoas-  pola senda do neoliberalismo recalcitrante.

Cara a onde?, cabe preguntar.

 “Nous parlons volontiers de deux mondes en présence, de leur guerre possible, de leur coexistence […], oubliant trop souvent qu’il en existe un troisième, le plus important et, en somme, le premier dans la chronologie. C’est l’ensemble de ceux que l’on appelle, en style Nations Unies, les pays sous-développés. […] Car enfin ce Tiers Monde ignoré, exploité, méprisé comme le Tiers État, veut, lui aussi, être quelque chose. »

 Alfred Sauvy, 1952.

A crise retrata a evidencia da nova realidade política mundial, portadora de cambios económicos de envergadura histórica. Con 1300 millóns de habitantes, A China crece a ritmos do 10% no seo dun sistema capitalista dominado por un partido único de orixe comunista, revolucionando o comercio internacional e particularmente o uso dos recursos en materias primas, convertendo nunha realidade material o que antes podería ser tomado como unha ideoloxía conservacionista, facendo ver que o capitalismo non está necesariamente ligado ás liberdades parlamentarias e evidenciando que a democracia constitúe un valor en si mesma. A India, cunha poboación de dimensión semellante á chinesa, de maneira que a suma da dos dous Estados se aproxima á metade da mundial, emerxe tamén con forza na economía e no comercio mundial, afectando todos os equilibrios anteriores, distinguíndose ademais por un dominio especial das novas tecnoloxías aplicadas á produción. A emerxencia do Brasil resulta fundamental para a unión de Latinoamérica, con centos de millóns de habitantes, como un actor global independente xa do Estado norteamericano. África, afectada na súa realidade política e económica pola nova presenza da China, da India e do Brasil, non poderá ser gobernada desde un sistema mundial neoliberal, necesitada como está de intercambios comerciais xustos e equilibrados, co dominio dos recursos propios e especialmente dun desenvolvemento endóxeno, especialmente na agricultura até atinxir a suficiencia alimentaria. A Federación Rusa, ocupando o seu territorio unha parte substancial da Terra, con recursos enerxéticos decisivos e contando cunha poboación particularmente capacitada, reclama de novo o seu lugar, agora cun sistema económico capitalista ligado a un poder político metamorfoseado.”

Camilo Nogueira: A rota do sol (2011).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s