Queda Zapata…


“Mentres Pancho Villa, eufórico cuatreiro, incendiaba o norte de México, Emiliano Zapata, melancólico arrieiro, encabezaba a revolución do sur.

En todo o país, os campesiños alzábanse en armas:

– A xustiza subíu ao ceo. Aquí xa non está – dicían.

Para baixala, pelexaban.

Que remedio.

Ao sur, o azucre reinaba, tralas murallas dos seus castelos, e o millo vivía nas pedreiras. O mercado mundial humillaba ao mercadiño local, e os usurpadores da terra e da auga aconsellaban ao seus despoxados:

– Sementen en macetas.

Os alzados eran xente da terra, non da guerra, que suspendían a revolución por semente ou por colleita.

Sentado entre os viciños que falaban de galos e cabalos á sombra dos loureiros, Zapata escoitaba moito e pouco dicía. Mais este calado logrou que a boa nova da súa reforma agraria alborotase as comarcas máis lonxanas.

Nunca a nación mexicana foi tan cambiada.

Nunca a nación mexicana foi tan castigada por cambiar.

Un millón de mortos. Todos, ou case todos, campesiños, aínda que algúns vestisen uniforme militar.”

Eduardo Galeano: “Espejos”.

“Naceu, din, cunha manciña tatuada no peito.

Morreu acribillado por sete balazos.

O asasino recibíu cincuenta mil pesos e o grao de xeneral de brigada.

O asasinado recibíu a unha multitude de campesiños, que chapeu na man visitaron a súa morte.

Dos seus avós indios herdara o silencio.

Non dicían nada, ou dicían:

-Pobriño. (…)”

Eduardo Galeano: “Espejos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s