Vulcanismo en El Hierro


El Hierro é a illa canaria con maior densidade de volcáns (máis de 500 conos a ceo aberto, outros 300 cubertos por coladas máis recentes e unhas 70 covas e tubos volcánicos). A pesar desta abundancia, o IGN (Instituto Geográfico Nacional) non recolle nengunha erupción histórica na illa, aínda que en 1793 tivo lugar a crise sísmica máis severa producida con anterioridade á actual (2011) -sen que se poida documentar erupción algunha-.

A última erupción volcánica en España produciuse en 1971, no volcán Teneguía (illa da Palma), aínda que estes episodios teñen outros precedentes históricos.



Máis de 8.000 sacudidas sísmicas de pequena magnitude -ao sumo 3.5 (algunhas delas de intensidade III-IV, o que supón a vibración de fiestras e portas, así como pequenos movementos de mobiliario e a axitación de líquidos dentro de recipientes)- acontecidas nos dous últimos meses xustifican a actual situación de alerta, que pode ser -ou non- preludio dunha erupción volcánica. En todo caso, no día de hoxe lévanse contabilizados máis de 100 sismos, con epicentros entre 13 e 18 km. de profundidade, ben reflectidos na imaxe que recollemos da web do IGN:

* Consulta a web do IGN sobre os eventos sísmicos en El Hierro.

* O 10 de outubro de 2011 produciuse unha erupción submarina, e velaquí o rexistro sísmico deste día -que amosa un movemento continuado ou “tremor volcánico”, típico das erupcións-, tamén recollido da web do IGN:

* O 12 de outubro de 2011, e tras a evacuación da poboación de La Restinga (SE da illa), producíuse unha nova erupción volcánica submariña, máis próxima á costa que a anterior.

* E velaquí a imaxe captada polo satélite “Deimos 1” o 23 de outubro de 2011, recollida de El País:

* Como consecuencia das erupcións submariñas ten xurdido un novo volcán, recreado nesta imaxe dixital do Instituto Español de Oceanografía, reproducida tamén por El País:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s