Clásica e xeográfica


Europa era unha princesa fenicia amada por Xúpiter; convertido nun touro, levouna cara a Creta e tivo con ela tres fillos, entre os que estaba Minos. Na arte antiga representábase ás veces como unha ménade raptada polo touro, e de feito este episodio da súa vida é o máis representado en diversos períodos artísticos (aínda que sempre coa licenza de amosala medio espida, aproveitando a celeridade do acontecemento, que sempre deixa seos ao ar; máis recatada, aínda que loira, representouna Rembrandt (1632), ataviada coas súas melloras galas baixo un ceo de chumbo -máis holandés que libanés- e sen ter tempo de despedirse a gusto das súas compañeiras).

Atlas ou Atlante era un titán que foi condeado por Xúpiter a soster sobre os seus ombreiros a bóveda do ceo. Annibale Carracci representouno sostendo o pesado globo terráqueo no Pazo Farnesio (c. 1600), cunha túnica que cubre as partes pudendas mais deixa ver o seu musculado torso.

Italia é un Estado de pouco máis de 300.000 kme case 60 millóns de habitantes que ten unha recoñecible forma de bota desde o Valle d’Aosta ata Calabria, estando o tacón da mesma na rexión de Puglia.

E velaquí os ingredientes para que Pinto & Chinto, coa que está caendo nos mercados [non poñemos ligazón porque isto cambia cada día un cento de veces -polo menos-], amosen á egrexia Europa (agora morena, como a meirande parte das cretenses de cabelo rizo que aparecían representadas na pintura minoica) sudorosa e a piques de caer (diríase que se tambalea polo inmenso peso da “herdanza clásica”, neste caso a débeda grega, e porque o calzado que leva aprétalle moito o pé).

Non vaia ser que teña que pegarlle unha patada a un touro; na mitoloxía o touro faríase cargo dela para levala a augas máis tranquilas, pero o que agora lle pode aparecer igual non é o máis axeitado; esta vez o touro pode ter os cornos ben aguilloados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s