Ar… para comezar


“Abondan as especias nos zocos. O ambiente é fresco e hai grande variedade de cores. O cheiro, que sempre é agradable, vai cambiando gradualmente segundo o tipo de mercadoría que se exhiba. Non hai nomes nin letreiros, tampouco escaparates. Todo o que se vende está exposto. Nunca sabemos canto costarán os obxectos. Non teñen os prezos marcados e tampouco son fixos.

Todas as tendas e tenderetes, nos que se vende o mesmo, áchanse pegados uns aos outros, en número de vinte, trinta ou máis. Aquí hai un bazar de especias e alí outro de artigos de marroquinería. Os cordeleiros teñen o seu espazo, e os cesteiros o seu. Entre os vendedores de alfombras algúns teñen salóns espazosos e abovedados. Pasamos diante deles como se constituísen unha cidade de por sí e nos invitasen a entrar nela insistentemente. Os xoieiros áchanse dispostos en torno a un patio especial. En moitos dos seus angostos tenderetes vemos homes traballando. Atopamos de todo, e sempre en grande cantidade.

(…) A poucas pegadas dos contacontos achábase a zona dos escribintes. Unha zona moi tranquila, a máis silenciosa de Xemáa el-Fnáa. (…) Os seus bancos estaban a certa distancia uns dos outros, de xeito que non se puidese escoitar o que dicían os viciños. (…)

Polas tardes, cando xa se fixera de noite, dirixíame á zona de Xemáa el-Fnáa onde había mulleres que vendían pan, anicadas nunha longa fila, coa faciana tan cuberta polo veo que só se lles vían os ollos. Cada unha tiña ante sí unha cesta cuberta cun pano sobre o que se vían uns cantos panciños redondos e aplanados expostos para a venda. (…)

Dos meus paseos nocturnos polos rueiros da cidade soía regresar atravesando a praza de Xemáa el-Fnáa. Resultaba estrano percorrela cando xa estaba case baleira. Xa non había nin acróbatas nin bailaríns, nin encantadores de serpes nin tragalumes. Vi un homiño solitario anicado no chan e, diante del, unha cesta con ovos moi pequenos. Arredor del non había absolutamente nada. Aquí e alá ardían lámpadas de acetileno que difundían o seu cheiro por toda a praza. Nas tenduchas dos mercadores ambulantes había homes illados que tomaban sopa. Parecían solitarios, como se non tivesen nengún sitio onde ir. En torno á praza había xente durmindo, algúns tumbados, a meirande parte anicados, todos coa cabeza cuberta polas capuchas das súas chilabas. Durmían inmóbiles; ninguén sospeitaría que debaixo desas chilabas escuras había alguén que respiraba.”

Elias Canetti: Las voces de Marrakesch.

O vídeo de Revólver gravouse na máis famosa praza de Marrakesch, Jamaa el Fna, en xaneiro de 2011, máis de 50 anos despois de que a pisase Canetti (en 1954).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s