A area dunha praia


Podería ter Bastiagueiro máis de 330 billóns de grans de area?

Facendo un exercicio teórico, e plantexando que a praia ten uns 580 m de lonxitude, aproximadamente 100 m de ancho (aínda que non en todo o seu espazo) e unha profundidade de 3 m (suposición, non o temos comprobado), iniciemos o cálculo:

a) os grans de area teñen diámetros que oscilan entre 0,04 mm e 2 mm; para redondear imos supor que os grans son esferas cun diámetro medio de 1 mm.;

b) o volume do espazo entre os grans é despreciable comparado co volume da area: certamente, cando pisamos a area desta praia ou facemos castelos de area nela comprobamos que apenas hai espazo entre os grans.

Para calcular o número de grans temos que despexar a fórmula:

ou, o que é o mesmo, que o volume da praia é equivalente ao número N de grans multiplicado polo volume de cada gran (Vg); como hai que aplicar a fórmula do volume dunha esfera aos grans, descomponse a fórmula nos 4/3 do número pi multiplicado polo radio e elevado ao cubo. Despexando:

Número de grans= , ou sexa, aproximadamente 332.314.744.079.450 grans de area.

Difícil contalos un a un nunha vida!

* Aquí podes descargar unha táboa para calcular someramente os grans de area da praia que frecuentes este verán, podendo variar tamén o tamaño do gran da mesma, segundo sexa máis groso ou delgado (maigre, on dirait).

One thought on “A area dunha praia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s