Graduación 2011


Este blog non ten por finalidade facerse eco de novas de sociedade, claro está. Mais hoxe imos facer unha excepción, porque imos colgar unha ligazón a un video institucional, isto é, un vídeo do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, no que desenvolvemos a nosa tarefa diaria.

Trátase dun vídeo que conta coas imaxes prestadas da web do centro educativo -e moi especialmente das fotografías realizadas pola nosa benquerida profe Isabel Aller (sempre no corazón) e  polo alumnado-, de músicas diversas para facer homenaxe a unha xeración -coa que eu mesmo finalizo un ciclo neste IES- que se nos vai e á que -confeso- aprecio moito, xunto con outros benqueridos graduados nos tres últimos anos, cos que empecei a traballar neste centro educativo. Quero que saibades que me gustou moito traballar convosco, que sodes uns rapaces e rapazas moi especiais -e por unha vez imos facer a excepción de comunicalo públicamente, rompendo a tradicional neutralidade que sempre queremos manter-.

Deséxovos moita sorte a tod@s. Aquí quedamos, sempre amig@s:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s