Sismos e tsunamis


En moitas ocasións a Natureza lémbranos que podemos ser xigantes con pés de barro. Cando dicimos que as sociedades máis desenvolvidas resisten mellor as embestidas de sismos e tsunamis que as máis empobrecidas, estamos contando verdade, pero non enfocamos a realidade exacta: calquera sociedade pode verse empequenecida polos desastres naturais; e digo isto despois de observar os efectos devastadores do recente terremoto e maremoto en Xapón, o de maior magnitude nunca alí rexistrado (superior incluso ao que, en 1923, causou en torno a 140.000 mortos).

Os medios de comunicación téñennos aleccionado sobre as magnitudes deste tipo de desastres desde o terrible tsunami de Sumatra en 2004, e tráennos á memoria imaxes de cidades devastadas en Irán e Turquía, lembranzas de traxedia en Haití, devastadores efectos en Chile… e agora Xapón [ver gráfico de terremotos do 11 de marzo]. As placas tectónicas móvense, chocan, as ondas arrasan de cando en vez… e lémbrannos que a Natureza é moi forte, e nós minúsculos atributos nas súas mans. Ou non?

* Olla unha animación sobre terremotos e tsunamis realizada por El País.

Deixar un comentario

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑