Mapas topográficos


Un mapa é unha representación a escala dunha área xeográfica, a escala e impresa sobre unha superficie plana. Habitualmente, o mapa máis utilizado para representar áreas do terreo é o mapa topográfico.

En España é o IGN (Instituto Xeográfico Nacional) o organismo -creado en 1870- encargado da realización dos mapas topográficos, especialmente ás escalas 1:25.000 e 1:50.000. A primeira folla do mapa topográfico a escala 1:50.000 (correspondente a Madrid) foi publicada en 1875, e en 1968, o Servizo Xeográfico do Exército entregou a última a esta escala (correspondente a San Nicolás de Tolentino, provincia de Las Palmas). En total, a escala 1:50.000, a superficie de España está cartografiada en 1.106 follas.

Un mapa topográfico, ademáis da escala, inclúe: as curvas de nivel, mediante as que se amosan as variacións en modelado e altitude do relevo, atendendo sobre todo á representación das cotas de altitude; información sobre a rede hidrográfica, a vexetación e os cultivos; as localidades e vías de comunicación; algunhas actividades económicas relevantes,…

Unha curva de nivel é unha liña debuxada nun mapa que une todos os puntos representados á mesma altitude sobre o nivel do mar; as curvas de nivel son pechadas, equidistantes e non poden cortarse entre elas. Algunhas son representadas con maior grosor (as que son múltiplos de 50 nos mapas topográficos a escala 1:25.000, nos que a equidistancia das curvas é de 10 m.; as que son múltiplos de 100 nos mapas topográficos a escala 1:50.000, nos que a equidistancia das curvas é de 20 m) e son chamadas curvas mestras.

Nos mapas topográficos soen empregarse dous tipos de escala: a escala numérica e a escala gráfica (na que observamos a correspondencia lineal en km dun tramo do mapa na realidade).

* Consulta unha información do IGN sobre conceptos cartográficos.

* Consulta un artigo sobre a historia do mapa topográfico español, de Ángel Paladini.

* Visualiza a cuadrícula cos mapas topográficos de España a escala 1:50.000.

* Olla unha presentación de Isaac Buzo sobre o comentario de mapas topográficos.

* Visualiza unha pequena explicación sobre o mapa topográfico, de Alfonso de Mier e Rosa Leva.

* E constrúe perfís topográficos aquí¿Queres probar cunha área de fortes contrastes e pendentes?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s