As orixes


“- Houbo noutro tempo un grande bosque que cubría África desde o Atlántico ao Océano Índico. Nel vivían os monos protexidos polas árbores, a sombra e o entrelazado das follas. Camiñaban a catro patas, tranquilamente, sen necesidade de tomar precaucións, xa que os seus inimigos non os vían. E despois, un día, a terra rachouse. De norte a sur, de Etiopía a Mozambique, abriuse unha foxa, como se África fose partirse en dous. O fondo da foxa encheuse de lagos; estamos ao borde dun deles. Pero hai moitos outros, como o Vitoria, o Tanganika, o Malawi, o Kivu…

“O vento do oeste, que abrevaba as árbores, veu tropezar contra as novas montañas nadas daquel rachón. A auga xa non chegaba á outra beira. O leste fíxose cada vez máis seco. O bosque aclarouse. Os monos asustáronse: de súpeto, podíase ver como a plena luz do día. Os animais con poutas, leóns ou panteiras, deleitábanse a pracer: os monos comprenderon que en diante terían que estar en garda e axexar aos seus inimigos na distancia. Plantándose sobre as súas dúas patas traseiras, erguéronse, aprenderon a loitar, a tallar a pedra e, pouco a pouco, volvéronse homes.

Clapton asubiou de asombro.

– Entón, é a seca o que nos creou?

– Exactamente. Na frondosa selva teriamos continuado a ser monos.”

Erik Orsenna: “La historia del mundo en nueve guitarras”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s