Fu(ji)kuoka


 

Engadamos un novo símbolo de identidade para identificar ao país do Sol Nacente, agora que Juan Luis Guerra homenaxea cunha canción (Bachata en Fukuoka) á maior cidade da illa de Kyushu, á cidade considerada lugar de nacemento da civilización xaponesa.

Un símbolo que sumar ao monte Fuji, sagrado volcán de 3.776 m no que culminan as altitudes da illa de Honshu e de todo Xapón, unha montaña de relevo na pintura e na literatura; tanto que ata resoa a súa imaxe lonxana na estampa de Hokusai A grande onda de Kanagawa.

“Mirei cara arriba: así que iso era o monte Fuji. Por fin atopara un lugar desde o que non parecía impoñente, pola sinxela razón de que non o vías: a súa base. De non ser así, ese volcán é unha sublime invención que pode verse desde case todas partes, ata o punto de que, en ocasións, téñoo confundido cun holograma. Desde Honshu, son innumerábeis os lugares cunha vista soberbia do monte Fuji: sería máis fácil contar os lugares desde os que non se ve. Se os nacionalistas quixesen crear un símbolo federalista, terían construido o monte Fuji. Imposible contemplalo sen experimentar o mítico formigueo do sagrado: é demasiado fermoso, demasiado perfecto, demasiado ideal.”

Amélie Nothomb: “Ni de Eva ni de Adán”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s