Óvalos en planta


 

A planta ovalada contén o punto de fantasía que tanto amaban os manieristas. No século XVI, Peruzzi incorpora nalgúns proxectos a elipse, baseándose nos edificios clásicos (anfiteatros, circos,…). Serlio introduce a planta ovalada nun tratado de arquitectura en 1547. Vignola realizará en Sant’Andrea in via Flaminia (1553-54) a primeira igrexa de planta oval -na súa cúpula-, e recuperará esta forma en Sant’Anna dei Palafrenieri (con planos rematados en 1572), onde extende o óvalo da cúpula á planta. Francesco Volterra realizará un diseño oval para San Giacomo degli Incurabili (construida a partir de 1592).

Mais será no Barroco cando se extenda a forma elíptica por toda Europa. Velaí temos o óvalo transversal creado por Bernini para Sant’Andrea del Quirinale (1658-1665), a primeira planta destas características (se ben tiña que adaptarse a unha parcela de reducidas dimensións); o espazo central, unificado, conduce a mirada do visitante e fiel cara ao altar maior; no exterior poténciase o xogo cóncavo-convexo a traverso da escalinata de acceso e o pórtico de entrada.

O seu rival Borromini, autodidacta amante das plantas centralizadas, foi o encargado de realizar o interior e a fachada da igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane (entre 1638 e 1665, en dúas fases). A planta deste edificio inspírase na oposición de dous triángulos fundidos nunha elipse cruciforme; coas capelas diagonais e as columnas elimínase a función estática dos muros, que aparentan unha movilidade extrema. Diversos estudosos da obra de Borromini, sen embargo, non se poñen de acordo sobre as figuras primixenias que orixinan a planta, xa que para algúns a orixe está no rombo, para outros no círculo, para outros no octógono; incluso, para entendela, acúdese a relacionala orixinariamente coas plantas de cruz grega.

* Infórmate máis a fondo neste artigo de Javier Cuevas.

Xa no século XVIII, o arquitecto Fischer von Erlach diseñou a planta ovalada de San Carlos Borromeo (1716-37) en Viena, cuberta por unha grande cúpula central, cunha fachada de inspiración grega no seu pórtico, rematada lateralmente en dous corpos cóncavos que finalizan en dúas torres prismáticas de escasa altura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s