A mirada de Ruth Matilda


A Galicia de antano era rural, de agricultores e pescadores, de aldeas pequenas e mal comunicadas coas vilas. Así nola presenta Ruth Matilda Anderson (1893-1983) na exposición “Unha mirada de antano”, que percorre a comunidade neste ano académico. A ollada da fotógrafa reclama o papel das mulleres nos traballos e os días: elas carrexan inverosímilmente cestas, maletas e varios bidóns de leite, elas venden na feira os “excedentes” da pobre agricultura de autoconsumo, elas alimentan aos cuxos no interior das pallozas, ás veces locen os seus mellores pendentes en faenas cotiás, elas sosteñen o peso do fogar familiar. Os homes faenan no mar, traballan as pedras de cantería coas mans espidas, serran os piñeiros e plantan árbores.

A ollada de Ruth Matilda é panorámica, apórtanos unha visión das rúas e dos caseríos arredor de 1924-1926, descóbrenos o luxo burgués dalgunhas cidades e a miseria en que vive a meirande parte dunha poboación campesiña que redime os foros e se converte en pequena propietaria, aínda co esforzo de ter gañado os cartos na emigración. E xurde entón a ollada da etnógrafa que documenta as feiras -hoxe reliquias dun tempo ido-, as romarías, os labores cotiáns.

Non teño a sensación de estar diante dunha fotógrafa que escudriñe na psicoloxía dos personaxes; máis ben parece tratarse dunha viaxeira curiosa, detallista, que percorre unha terra romántica pechada no seu atraso. Mais o valor das súas fotografías é inmenso, igual que o dos documentos videográficos daquela época, igual que as fotografías de Pedro Ferrer -especialmente na cidade de A Coruña-, para descobrer unha Galicia que foi, que non debe pasar desapercibida pola nosa retina, porque ben parece que nestes tempos de Internet e fútbol, de coches e espectáculos públicos, nunca tivésemos vivido sen retretes, nunca tivésemos estado descalzos ou en zocos, nunca os farrapos vellos nos acompañasen a diario. Esa Galicia existíu, dá conta dela Ruth Matilda Anderson.

* Olla o folleto da exposición.

* Olla fotografías de Ruth Matilda Anderson nunha exposición retrospectiva sobre Estremadura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s