Paisaxes agrarias


   

Literatos e pintores téñennos aportado imaxes das paisaxes agrarias en España a traverso do tempo. Velaquí algúns exemplos:

“Cruzou prados humedecidos polo rego, e herdades que remataran de segarse a véspera; meteuse por entre viñedos; saltou valados; atravesou hortas con froitais e costeou eiras onde resoaba o cadencioso golpe do mallo; en suma, gastou coa actividade e o movemento a súa impaciencia torturadora, que lle encendía o sangue e poñíalle os nervos como cordas de guitarra. O exercicio foille proveitoso; andando e andando, empezou a sentirse coa cabeza máis despexada e o corazón máis tranquilo.”

Emilia Pardo Bazán: “La madre naturaleza”.

“Por último, coñecín tamén os principais portos de inverno e de verán, aos que envían os seus gandos os vales da vecindade, e admirei a beleza daquellas brañas («majadas») de apretada e fina herba, verdadeiras calvas en medio de grandes e tupidos bosques de poderosa vexetación. Cada unha destas calvas ten, nos portos de verán, unha choza, e nos outros un «invernal»: a choza para albergue das persoas que pastorean o gando, e o invernal, edificio amplo e sólido, de cal e canto, para establo e palleiro dunha boa cabana de reses. Polo común, cada invernal corresponde aos gandos de oito ou dez condonos das «hazas» ou partes da braña contigua. Algúns deses invernais estaban xa ocupados. De noite come o gando prendido na pesebreira, da «ceba» do palleiro, segada nas hazas en agosto; de día pasta ao ar libre, mentres o tiempo o consinte, ao coidado dos seus donos, que despois de deixalo recollido ao amencer, baixan durmir ao pobo; ao revés que en verán, durante o que dormen amontoados na choza, quedando a cabana «acurriada», é dicir, reunida na majada circundante. As éguas e cabalos fan vida máis independiente e libre, e achabámolas, en estado semisalvaxe, onde menos o pensabamos.”

José María de Pereda: “Peñas arriba”.

“É media tarde e o sol brilla con forte paixón. Tarde de xullo chea de fortaleza e de trigos maduros… Polo amarelo avermellado dos trigais vese correr a brisa suavemente…, algunha vez brilla unha gadaña… Nos ribazos verdes, hai mapoulas, nos outeiros con olmos hai ovellas. Hai algúns campos sementados con aveas de prata. N0 ceo anda case invisible a lúa en crecente… Por un monte recúrtase a figura dun vello pastor, e ao relixioso ambiente o sol vai dando ouros transparentes e enche de misticismo ás azuladas lonxanías… Uns bois cos ollos docemente entornados camiñan maxestuosos ao vaivén lánguido da carreta. O ar estaba preñado de olores de trigo e de sol. Toda a marabilla da tarde está nos fondos tornasolados. Algunha vez descóbrese ao lonxe un torreón de pedra coroado de anduriñas que pían e pían, e pobos sen cor que xurden de pronto entre os outeiros como cousa de encantamento.”

Federico García Lorca: “Impresiones y paisajes”.

“O tren sulcaba estas paisaxes africanas. A chaira, con vexetación da cor do chan, aparecía desolada baixo o ceo azul cheo do cruel esplendor do sol de mediodía. Nin pobos, nin casas, nin un só signo de vida que dese animación a este tórrido deserto… A ambas beiras do camiño estendíase o mar dourado dos trigais maduros. Os talos erguíanse recios, brillantes, a xeito de lanzas… A terra, queimada, estendíase ampla e silenciosamente diante de nós… a traverso da espida e inhóspita chaira manchega… a paisaxe era só unha chaira sen límites, xa coñecidaa por certo; despois, de cando en vez foron aparecendo algúns viñedos e, por último, a planicie era toda unha inmensa viña perdida no horizonte.”

A.F. Jaccaci: “El camino de don Quijote (Por tierras de La Mancha)”.

“Tras a estepa castelá -sobria, mística- ábrense os campos andaluces como un sorriso do paraíso perdido. Campos de sobreiras e oliveiras, hortas e parras, vales e ríos, gando corpulento e froitos exuberantes. De cando en vez algunha serra que no seu repeito produce abondosas colleitas. Aínda perdura a viva impresión que Andalucía disparou sobre a miña sensibilidade, cando percorrín as súas terras por primeira vez. Amencía. Un sol amarelento acariñaba levemente a rica e dilatada chaira –cortijos brancos, oliveiras verde chumbo, terra vermella- bañada polo río Guadalquivir. E alá no alto, a maxestuosa distancia, un claro ceo branqueciño.”

Agustín Basave Fernández del Valle: “Visión de Andalucía”.

* Atoparedes máis referencias literarias e pictóricas neste artigo de Buenaventura Delgado e Juan F. Ojeda publicado no Boletín da AGE (2009).

* Resulta interesante ollar algúns dos paneis da Visión de España que hai case 100 anos realizou Sorolla para a Hispanic Society de Nova Iorque: Castela (“A festa do pan”), Galicia (“A romería”), Estremadura (“O mercado”), Andalucía (“O encerro”).

* Le un artigo de Julio Llamazares en El País sobre a interpretación da paisaxe en España.

* É interesante o esquema de paisaxes agrarias en España proposto por Marino Aguilera no seu blogue.

* Tamén podedes ollar a presentación sobre paisaxes agrarias en España que figura en Slideshare.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s