Palazzos e villas


 

O palazzo foi unha tipoloxía civil moi significativa do século XV, moi demandado polas ricas familias florentinas e doutras partes de Italia. Habitualmente compóñense dun organismo cúbico de planta habitualmente cadrada, cun patio central en torno ao que se organizan as distintas dependencias, tres plantas en alzado diferenciadas por molduras horizontais e rematadas por cornixa, e unha fachada na que a presenza de numerosos vans alixeira a sensación de macizo. Ademais do palazzo Pitti – realizado por Brunelleschi-, na Florencia do século XV cabe destacar a construción do palazzo Médici-Ricardi por parte de Michelozzo e o palazzo Rucellai de Alberti. Este último ordeou a fachada principal non só en horizontal senón tamén en vertical, con pilastras superpostas que evocan a sucesión de ordes do mundo clásico; o conxunto remátase cunha cornixa prominente.

“O camiño que se percorre do concepto de villa medieval ao renacentista é paralelo [ao do pazo]. No caso da villa, o paso dun concepto de fortaleza ao de lugar de lecer é aínda máis claro, pois xunto ao cambio tipolóxico xurde un cambio de función. No caso do pazo, a función expresiva do poder non cambia. Pero coa villa sucede algo distinto. Xa non se concibe só como lugar de explotación agrícola. A villa florentina, ou máis ben medicea, do Quattrocento, pénsase como refuxio cultural, evasión dos negocios políticos e mercantís da cidade.

(…) Careggi cobra importancia sobre todo por un feito cultural, alleo á renovación tipolóxica: foi a sé da Academia de Lourenzo o Magnífico, lugar onde se asentou de xeito definitivo o Neoplatonismo como maneira sistemática e “científica” de identificación ideolóxica e cultural coa Antigüidade.”

V. Nieto Alcaide e F. Checa: “El Renacimiento”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s