Achégase Vancouver 2010


  

Dentro dunhas semanas, Vancouver acollerá os xogos olímpicos de inverno. A cidade canadiana recibe o nome do navegante George Vancouver, que percorreu -entre 1792 e 1795- as costas da Columbia Británica e boa parte das de Alaska, cartografiando o Paso do Interior.

” O centro de Vancouver ofrece tamén a faciana menos amable de Canadá: un pequeno dédalo de rueiros chamado Gastown, da que a parte norte é moderna e turística, en tanto que a sur, xunto á ancha vía East Hastings, aparece a toda hora, día e noite, habitada por drogadictos e bébedos, moitos deles en situación case terminal. Coido que non vin nunca un escenario semellante, salvo no antigo Bowery de Nova Iorque. O nome do barrio venlle dun mariñeiro inglés, un tal “Gassy” Jack Deighton, que decidiu quedar en terra cando, en 1867, o seu barco atracou nos peiraos de Burrard. Gassy abriu unha taberna próxima aos serradoiros e foi tanto o seu éxito que arredor do bar comezou a nacer unha cidade. Esa cidade, que a finais de século superaba en habitantes á súa viciña Victoria, chamouse despois Vancouver e converteuse moi pronto na metrópole da Columbia Británica.”

Javier Reverte: “El río de la luz”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s