Giotto na cappella Scrovegni


 

A comezos do século XIV, entre 1303 e 1305, por orde de Enrico Scrovegni, foi erixida a cappella degli Scrovegni en honra de Santa María da Caridade. Enrico quería deste xeito expiar os pecados de seu pai, coñecido usureiro do que Dante nos deixou constancia na Divina Comedia. O edificio, de planta rectangular, nave única e cuberto por bóveda de canón, estaba orixinariamente conectado co pazo da familia.

No seu interior, Giotto desenvolveu un grandioso programa iconográfico disposto en tres bandas superpostas, cun total de 36 escenas nas que se contan a vida de San Xoaquín e Santa Ana, a historia da Virxe e episodios da vida de Cristo. As fontes da narración inclúen non só o Novo Testamento, senón tamén A lenda dourada de Santiago da Voragine e os Evanxeos apócrifos. A Anunciación da Virxe no arco de acceso á ábsida e o Xuizo Final aos pés da capela completan este ciclo iconográfico baixo o celeste ceo estrelado da bóveda. No zócolo da capela inclúense tamén alegorías dos Vicios e das Virtudes; a representación dos vicios correspóndese coa parte esquerda do Xuizo Final (que leva aos pecadores condeados ao inferno), mentres a das Virtudes leva á dereita da mesma escena (benaventurados); a mensaxe é, pois, clara: os vicios conducen ao inferno, as virtudes ao ceo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s