Medran os riscos naturais


  

Terremotos que superan a magnitude 7 na escala de Richter, erupcións volcánicas, ciclóns extratropicais que causan danos cuantiosos, vagas de frío e calor en tempos de quentamento climático… O Estado español está sometido a riscos naturais moi diversos, de entre os cales as inundacións periódicas debidas a fenómenos de gota fría e choivas continuas ocupan un lugar moi relevante. A todos estes potenciais riscos hai que engadir os inducidos -pois así cabe considerar a meirande parte dos incendios forestais que son causados directamente pola acción humana e a erosión severa de boa parte do solo cultivado con sobreexplotación do mesmo- para completar un panorama que xenera custes humanos, problemas ambientais e  custes económicos de notable importancia.

A prevención destes riscos conta hoxe cun notable sistema de alertas. O IGN leva a cabo un control continuo dos movementos sísmicos; AEMET e Meteogalicia -entre outras axencias-, valéndose das fotografías de satélite, prevéñennos das incidencias meteorolóxicas, Protección Civil alerta á poboación sobre potenciais perigos e medidas de prevención, a DGT aconséllanos nos desprazamentos por estrada, etc. Aínda así, en lugares de intensa ocupación humana como a franxa mediterránea non se poderá probablemente impedir que haxa notables perdas materiais no horizonte medio e lonxano.

* Examina unha presentación sobre os riscos naturais en España.

* Voyez des cartes qui nous parlent des risques climatiques et des conséquences sur des différents pays.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s