Agullas neogóticas apuntan


 

As agullas góticas exemplifican moi claramente o impulso ascensional deste estilo. Visibles desde lonxe, símbolos da cidade que as erixe, hai algunhas que superan os 100 m. de altura sobre o chan. O impulso gótico non quedou relegado ao século clásico deste estilo, o XIII, senón que pervivíu en ocasións ata os revivals do século XIX.

Un exemplo podémolo atopar na catedral de León. De 1880 en diante, o arquitecto Demetrio de los Ríos propuxo e levou a cabo varios proxectos de restauración na mesma, de acordo cun programa  neogótico que pretendía recuperar a “idea” orixinaria dos primeiros construtores medievais. Asegurada a estabilidade da catedral, Demetrio de los Ríos propuxo elevar unha torre ou frecha sobre o cruceiro, aínda que limitándose a esbozar nun plano o arranque desta torre, sobre a que se erguería unha agulla calada similar á realizada por Eugène Viollet-Le- Duc para a Catedral de Nôtre Dame de París.

A abadía do Mont-Saint-Michel, en Normandía, tamén foi visitada e admirada por Viollet-Le-Duc. Mais a honra de elevar unha agulla neogótica sobre a “Merveille” (ese é o nome que se dá á fábrica arquitectónica da basílica sobre o monte) foi de Victor Petitgrand, que en abril de 1894 propón o proxecto dunha frecha de 32 metros de altura, coroada pola estatua de cobre do arcanxo San Miguel; en agosto de 1897 foi instalada a estatua executada; unha forte treboada en 1982 danou a estatua, que tivo que ser restaurada e recolocada en helicóptero en 1987.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s