Catedrais góticas


     

Toda a estrutura interior dunha catedral gótica acúsase no exterior da mesma (triple portada, triple rexistro vertical); é, polo, tanto, como dicía Hans Jantzen, unha “estrutura diáfana”. As partes imbrícanse, subordínanse unhas ás outras, mantéñense claras nas súas formas:

“Ao falar da «estrutura diáfana» dos límites espaciais góticos, referímonos a certa relación óptica entre a parede, plásticamente conformada, e as partes do espazo que lle sirven de fondo. A parede da nave central gótica non se distingue da románica por un meirande número de aberturas, senón por establecer unha relación óptica distinta cos espazos contiguos. A arquitectura da parede gótica xa non quere ser considerada como continuidade de masa, senón como «plástica». «Estrutura diáfana» quere dicir que, en certo xeito, a plástica da parede se presenta como relevo arquitectónico con fondo espacial, e que é a aparición deste fondo espacial o que determina o carácter gótico dos límites do espazo.”

Hans Jantzen: “A catedral gótica”.

Viollet-le-Duc formulou xa no século XIX a teoría dos tres elementos esenciais do estilo gótico en arquitectura: o arco apuntado, a bóveda de crucería e o arcobotante. A isto debemos engadir o irrefreable impulso en altura desta arquitectura (ben plasmado na agulla de Salisbury, cos seus 120 m desde o chan). Con multitude de interpretacións simbólicas, a catedral gótica é, ante todo, imaxe poética da Xerusalén Celeste, un segundo paraíso. Na configuración do seu espazo interior ten moita importancia tamén a luz, filtrada a traverso das coloreadas vidreiras:

“As vidreiras que están na igrexa impiden que pase o vento e a choiva, mais en cambio transmiten a claridade do sol. E simbolizan a Sagrada Escritura, que repele todo o que nos é nocivo, mais que ao mesmo tempo nos ilumina.”

Pierre de Roissy, ca. 1210.

A interpretación que John Constable realizou da catedral de Salisbury en 1823 enmarca a agulla da mesma entre dúas pólas que forman un arco oxival. Deste xeito, a natureza représentase como unha arquitectura vexetal, tese que tamén defenderon algúns estudosos á hora de interpretar a arquitectura gótica; as decoracións naturalistas están moi presentes en todas as catedrais deste tempo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s