Hai arpías en Silos


As arpías posúen corpo de paxaro, poutas afiadas e faciana de muller. En grego, o seu nome significa as “rapaces”, raptan  aos nenos e as almas dos defuntos. En Silos aparecen con cornos; gardan a árbore da vida, cun xesto de vixiancia permanente. Virxilio xa as tiña situadas á entrada dos infernos.

Tamén tiñan corpo de ave e cabeza de muller as sereas, representadas así xa na cerámica ática do século VI a.C. Frecuentemente se teñen confundido nas representacións unhas e outras. As sereas, que empezan a aparecer no Medievo tamén na súa versión de mulleres-peixe, poden aparecer coas ás recollidas ou estendidas; en Silos locen cabeleira ondulante ou tapada cun pano, e son claro símbolo da voluptuosidade; cando se atopan atrapadas por ligaduras vexetais simbolizan as almas encadeadas.

Os capiteis do claustro de Silos tamén acollen esfinxes de cabeza feminina, corpo de león e ás de águia; grifos con cabeza de león e corpo de águia; centauros híbridos de home e cabalo; quimeras, dragóns,…

A natureza humana e divina refúxiase nos machóns das esquinas; alí dubida Santo Tomás metendo a man na chaga do costado dun Cristo xerárquicamente potenciado; alí acompañan a Xesús os discípulos camiño de Emaús; alí se produce a resurrección de Cristo diante de durmidos soldados con cotas de malla medieval, alí se expresa o fervor do claustro diante da sombra alongada do ciprés ao que tiña cantado Gerardo Diego hai 75 anos.

Un dos máis ricos conxuntos monásticos de Castela alberga tamén unha das coleccións máis completas de relevos e capiteis románicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s