Climogramas


 Seguindo a Capel Molina, observamos dous dominios climáticos fundamentais en España: 

a) Temperado-cálido ou mediterráneo (subtropical), ligado ao “Gran Sur”, ou sexa, grande parte de España peninsular, ao sur do paralelo 39º, Baleares, e costas mediterráneas, do que o trazo máis característico e específicamente mediterráneo é a aridez estival, aínda que con matices.

b) Temperado-frío, ligado ao extremo septentrional peninsular, observándose dúas categorías: subtipo oceánico, ligado a unha estreita franxa costeira que engloba Galicia, Asturias, Santander, País Vasco, Navarra atlántica, Pirineos occidentais e vertente do Pirineo oriental, e do que o trazo máis característico van ser as precipitacións abundantes e a presenza de choivas estivais, aínda que con matices, incluso con algún mes árido nalgunhas comarcas, e en cambio noutras danse as máximas choivas; subtipo continental, que englobaría ambas submesetas e depresión do Ebro, ou sexa, case 2/3 do territorio español peninsular.”

José Jaime Capel Molina: Os climas de España.

Atendendo á súa clasificación, este autor sinala ata 11 variedades climáticas no territorio peninsular e balear. Para esta clasificación, o autor sigue as recomendacións da OMM (Organización Meteorolóxica Mundial), que recomenda cando menos a consideración dun período de 30 anos para falar das características dun clima. Seguindo a Manuel Toharia, diremos que o clima “é como unha especie de radiografía a longo prazo do tempo de todos os días; unha especie de promedio do tempo, que eliminaría os datos máis extremos a longo prazo, proporcionando deste xeito unha medida da “normalidade” dese tempo.”

Noutras clasificacións máis sinxelas podemos considerar a existencia en España de catro variedades climáticas elementais: a oceánica -no tercio norte- correspondente á España húmida; a mediterránea, moi matizada pola latitude ou a proximidade ou lonxanía ao mar; a variedade de clima de montaña, que matiza as características continentais dos espazos mediterráneos e oceánicos a partir de certa altitude; a variedade do clima de Canarias, ubicado en latitudes subtropicais, permanentemente suave e sometida nas caras septentrionais á influencia dos ventos alisios.

Na clasificación do IGN que enlazamos ao comezo desta entrada incluso se fai referencia exclusivamente a dous tipos de climas esenciais en España: o temperado mediterráneo (que inclúe as variantes oceánica e de montaña) e o subtropical canario. A escala pequena, en efecto, o noso Estado pasa por pertencer á área mediterránea e limitar coa área meridional oceánica da Europa temperada.

* Consulta un esquema para o comentario dun climograma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s