Ata a vindeira, Rodin


rodin_porta_inferno

Baixo un ceo de chumbo que esparxe choiva inmisericorde despedimos a Rodin en A Coruña. Temos observado na exposición do Kiosko Alfonso os corpos tensos e estirados do escultor, en barro, xeso, mármore e bronce, as figuras loitando por escapar da masa orixinaria que as aprisiona: sereas, faunas, ninfas e deusas… Temos admirado ao orgulloso Balzac espido ou embutido dentro do seu gabán, témonos rendido diante dos desproporcionados pés de Adán, comprobamos a estrutura da Porta do Inferno de inspiración literaria. Os bustos dos poetas e pintores simbolistas abríronnos un percorrido no que nos chamaron a atención, unha vez máis, os fragmentos do corpo humano separados do conxunto e cheos de significado (A catedral, Home que camiña), á beira dos esbozos para o grupo monumental dos Burgueses de Calais.

A mirada sentiuse complacida diante da Idade de Bronce, o único espido que nos amosou serenidade, que nos solazou na súa contemplación; é un espido clásico, un apolíneo varón de corpo praxiteliano, completamente fiel á natureza.

“A preocupación de Rodin por dar un novo énfase aos valores plásticos, por tratar o corpo sobre todo como unha entidade volumétrica, constitúe o seu principal logro, que requería a deconstrución da figura humana. Paradóxicamente, este proceso de fragmentación, que implicaba desmantelar a idea da escultura como unha disciplina ao servizo do corpo como un todo intacto e completo, servíu únicamente para redirixir a atención á integridade de cada un dos seus compoñentes, como se cada membro individual poidese representar a plenitude do conxunto.”

Tom Flynn: “O corpo na escultura”.

One thought on “Ata a vindeira, Rodin

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s