Aniconismo islámico


 

No islam proibiuse a representación física da divinidade. A natureza artística do Islam é iconoclasta e anicónica, polo que as súas formas tenden á estilización e ao antinaturalismo.
O baleiro antropomórfico na figuración foi sustituido por un notable desenvolvemento das decoracións xeométricas. A cultura islámica ten demostrado ser a máis brillante no uso do diseño xeométrico con fins artísticos. Os artistas, sobre todo aqueles que traballaban con materiais como o xeso, os tecidos e a madeira, preferían para ornamentar formas abstractas e repetitivas . Os diseños abstractos decoraban fachadas arquitectónicas, paramentos con lacería, solos de azulexo, cubertas de libros e arquetas de marfín.
Deixando a unha beira a decoración epigráfica (a caligrafía ou arte da escritura bela), dúas temáticas centraron a decoración islámica: o ataurique e as formas xeométricas. O ataurique, baseado en pólas inxeniosamente entrelazadas, parece provir do uso decorativo que se facía das follas de acanto e as vides na zona do Mediterráneo oriental antes da chegada do islam. Co tempo, o ataurique foise facendo máis abstracto e desnaturalizado. Tamén existía nos primeiros tempos do islam unha decoración máis estrictamente lineal e xeométrica, que seguía os diseños gregos e romanos e os ampliaba, con formas octogonais e de estrela que tiñan sido utilizadas desde os primeiros tempos.

O espírito occidental, cando tivo ocasión, deixouse cautivar por estas ornamentacións. En 1479, Gentile Bellini, un dos grandes pintores venecianos daquel tempo, foi enviado a Estambul diante dunha petición do sultán Mehmed II.

“A visita de Gentile foi un éxito nos círculos gubernamentais, e tivo como resultado un impoñente retrato do sultán, aínda que fóra do pazo a meirande parte dos otomanos, como a meirande parte dos árabes aos que conquistarían pouco despois, probablemente se agarraban á crenza de que a arte que contiña figuras humanas era impía. Gentile tamén deixou tras de sí un debuxo dun xove cunha pluma apoiada sobre unha folla de papel en branco, unha obra que amosa o seu aprecio polo refinamento e a alegría dos debuxos florais que durante moito tempo marcarían a corte otomana. O escritor turco Orhan Pamuk escribíu emotivas páxinas sobre isto.”

Julian Bell: “O espello do mundo”.

Os estampados da vestimenta deste escriba sentado moderno son atauriques de alta escola, auténtica filigrana para un artista ben amante da cor.

* Repasa os motivos decorativos na arte islámica da man desta web de clio.rediris.es.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s