Mesquitas


    

Todo musulmán ten unha serie de obrigas esenciais resumidas en cinco “Piares do Islam”: profesión de fe, oración ritual, esmola, xexún e peregrinación á Meca –cando menos unha vez na vida-. As oracións rituais deben dirixirse cara á Kaaba, lugar de referencia simbólico -no centro do gran patio dunha mesquita construída no século VIII- situado na Meca, a onde os fieis se orientan cando oran. A Kaaba é, segundo a tradición, unha pedra entregada polo anxo Gabriel a Abraham (inicialmente era branca, mais os pecados dos fillos de Adán volvérona negra), hoxe recuberta pola kiswa ou manto negro de seda.

Na busca dun edificio de oración para reunir aos fieis, os arquitectos musulmáns escolleron o modelo lonxitudinal da basílica paleocristiá, por permitir maior concentración de orantes nun determinado lugar. Mais as solucións variaron ao longo do espazo e o tempo islámicos; non se amoldaron exclusivamente ao modelo de mesquita cordobesa, senón que integraron os modelos de “mesquita en T” -privilexiando a altura da nave lonxitudinal central e a paralela ao muro de qibla sobre as demais naves do haram, tal e como comprobamos na planta de Qayrawan, en Túnez-, o da mesquita cadrada de pequenas dimensións -con cada tramo da nave cuberto por cúpulas de formas diversas, tal e como vemos no Cristo da Luz de Toledo-, a mesquita de catro iwáns ou patios seguindo o antigo modelo persa -tal e como comprobamos na mesquita do venres de Isfahán-, a mesquita de cúpula central e exedras -seguindo o modelo bizantino de Santa Sofía, e que a arte otomana plasmou en edificios como a Mesquita Azul de Estambul-, ou o templo-relicario da Cúpula da Rocha de Xerusalén -que non é propiamente unha mesquita-.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s