Coiraza augústea


augusto_prima_porta_policromia augusto_prima_porta_coiraza 

Prima Porta é unha localidade situada a unha ducia de km. do centro de Roma. Alí, onde se produciu a vitoria de Augusto sobre Maxencio en 312, atopouse en 1863 unha figura de mármore de pouco máis de 2 metros de altura. Representaba a Augusto; o mármore estivo policromado; xunto ao pé dereito do emperador, Eros ía dacabalo dun golfiño, elemento que emparentaba a Augusto con Venus-Afrodita, antepasada de Eneas, ancestro de Rómulo e Remo, fillos de Marte.

Augusto aparece representado como xeneral, imperator en actitude de arengar ás tropas, cunha coiraza anatómica cinguida e unha túnica escarlata ou paludamentum que portaban habitualmente os comandantes militares. O espírito neoático co que foi esculpido o bronce orixinario asemella a Augusto a un Doríforo vestido e descalzo -cualidade que dignificaba aos heroes-, idealizado nas súas faccións -aínda que as trazas anatómicas básicas perviven como lembranza do realismo propio do retrato de época republicana- e portando o bastón de mando consular.

A iconografía propagandística da coiraza conmemora a recuperación duns estandartes romanos perdidos por Craso e Antonio en batallas anteriores ao ano 20 a.C.: un soldado parto entrega tales estandartes probablemente ao mesmo Marte acompañado da Loba Capitolina.  No mesmo nivel intermedio sitúanse personificacións de Hispania e Galia, territorios nos que o emperador obtivo importantes vitorias. Estamos ante a conmemoración da pax romana que inaugura Augusto, a cal só pode levar á abundancia de froitos sinalados pola cornucopia que sostén a Terra nutricia no nivel inferior. É un período de paz baixo a protección directa de divinidades benqueridas como Apolo e Diana. Apolo monta un grifo, monstruo fabuloso que ten cabeza, alas e poutas de águia e corpo de león; Diana cazadora, protectora dos nenos da nova xeración, aparece -como é tradicional- acompañada por un cervo. O relevo da coiraza complétase na parte superior coa representación de Caelus, o Urano grego, que desprega o seu manto para albergar ao mundo e aos mortais; por ese manto percorre a bóveda celeste o Sol, na súa cuádriga, traendo calor e luz ao Universo. Por diante do carro vai a Rosada, mentres a Aurora, á esquerda, anuncia un novo día.

Esta interpretación procede de García y Bellido, e está reproducida por Guillermo Fatás.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s