Aproximación á climatoloxía


 

Dicía Mark Twain que “o tempo nunca está quedo”. Ben é certo. Técnicamente, o tempo é o estado da atmosfera nun lugar e momento determinados. Estudamos o tempo pola curiosidade de clasificar e explicar os fenómenos atmosféricos. Sen embargo, a razón principal é a de predicir o tempo, para prepararnos ante condicións extremas ou beneficiarnos das favorables. A meteoroloxía consiste no estudo científico do tempo.

O clima é a sucesión de tipos de tempo nunha rexión determinada durante un período de tempo representativo, prestando atención a valores como a temperatura, a humidade, a presión, os ventos e as precipitacións fundamentalmente. O clima dunha localidade depende da súa latitude e altitude con respecto ao nivel do mar, da distancia ás grandes masas de auga e cadeas montañosas, e tamén das correntes atmosféricas globais. O clima configura a grande diversidade da vida terrestre, xa que plantas e animais evolucionan para adaptarse ás diversas condicións climáticas.

* Accede a unha información sobre climatoloxía, introductoria, neste propio blogue.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s